Skip to Content

Admisión e Matrícula ESO

ADMISIÓN CURSO 2022-2023

No arquivo adxunto publícasen as vacantes por curso no centro para o curso 2022-2023

Admisión curso 2022-2023

Anúnciase que todo ao alumnado que presentou reserva para o vindeiro curso terá praza no centro.

Proceso de admisión para o curso 2022-2023

As seguintes instruccións van dirixidas ao alumnado que cambie de centro para o vindeiro curso, ben por cambio de etapa ou por elección da familia, tanto para ESO como para Bacharelato.

Reserva: faise cando o alumno ou alumna cambia de etapa e vai ao centro que lle corresponde por zona.

Solicitude de admisión: faise cando se desexa un cambio de centro.

Non se poden facer conxuntamente Reserva de praza e Solicitude de admisión.

Reserva de praza en centro ao que se estea adscrito Curso 2022-2023

- Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022

- A solicitude preséntase no centro educativo de orixe ou en Sede Electrónica (neste último caso precisarase a Chave365 ou certificado dixital)

- As solicitudes pódense cumprimentar de xeito manual ou a través da aplicación  admisionalumnado

- Publicación de listaxe de prazas asignadas: 25 de febreiro (tanto no centro de orixe coma no centro de destino)

 

Solicitude de admisión  (para centro distinto ao que se estea adscrito)

- Prazo de presentación de solicitudes: primeira quincena de marzo

- A solicitude preséntase no centro ao que se quere acceder como primeira opción.

- As solicitudes pódense cumprimentar de xeito manual ou a través da aplicación  admisionalumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut