Skip to Content

PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O CURSO 2022/2023

Este curso a Consellería vén de convocar a inscrición nas probas de nivel llingüístico B1, B2 e C1 para acreditar a súa competencia en inglés. As probas teñen carácter gratuíto e realízanse no centro.

Aquel alumnado que queira inscribirse nelas debe cubrir e asinar o documento de adxuntos de compromiso indiviual en presentarse a ditas probas.

PRAZO: día 14 de xullo.

LUGAR: entregar na secretaría do centro.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

 Segundo a Orde do 29 de abril de 2022, ábrese o prazo para a solicitude de axudas de material escolar.

PRAZO: DENDE O 19 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO.

A solicitude pódese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365 co código de procedemento ED330B. Igualmente pódese  presentar en papel na secretaría do centro co impreso que se pode descargar do ficheiro adxunto (ANEXO I e II).

Para acceder á orde pódese facer dende aquí

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E OBTENCIÓN DE MATRÍCULA DE HONRA NA ESO

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Estes criterios atopanse no documento que se achega.

 

Axudas para material escolar Curso 2021-2022

No DOG do día 20 de maio de 2021, publícase a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

O prazo remata o día 22 de xuño de 2021 incluído.

 

 A partir do vindeiro curso, o IES Plurilingüe Terra de Turonio implantará o programa EDIXGAL en tódolos cursos (de 1º a 4º de ESO) e non haberá libros de texto. Por tanto só poderá solicitarse axuda para material escolar

 

No artigo 9.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros" ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

 

 En caso de facer a solicitude presencialmente na secretaría do centro, pódese descargar aqui o impreso Descarga 

 

 

Máis información na páxina web www.edu.xunta.es 

Distribuir contido


by Dr. Radut