Skip to Content

MATRÍCULA ESO 2024-2025

O período de matrícula abrangue desde o 26 de xuño ata o 5 de xullo.

Para unha millor organización organizaranse as seguintes quendas

 

• 1º ESO: 25-26 XUÑO

• 4º ESO:27-28 XUÑO

• 3º ESO: 1-2 XULLO

• 2º ESO: 3-4 XULL0

En horario de 9:30 a 14:30

 

Impreso de matrícula en adxunto

Cubrir, imprimir, asinar e entregar no centro.

CALENDARIO FIN DE CURSO 2023-2024

 

 

PÓDESE VER O CALENDARIO NO ARQUIVO ADXUNTO.

 

 

 

Calendario de exames de probas libres do CM de Guía no medio natural e de tempo libre do curso 2023-24

Nos arquivos adxuntos pódense consultar os calendarios das probas libres dos módulos de 1º e de 2º do curso 2023-24

Axudas para material escolar Curso 2024-2025

No DOG do día 20 de maio de 2024, publícase a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo remata o día 21 de xuño de 2024 incluído.

O IES Plurilingüe Terra de Turonio ten implantado o programa EDIXGAL en tódolos cursos (de 1º a 4º de ESO) e non haberá libros de texto. Por tanto só poderá solicitarse axuda para material escolar.

No artigo 9.3. se establece que " As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)."

En caso de facer a solicitude presencialmente na secretaría do centro, pódese descargar aquí o impreso Descargar

 

Autorización para a Romaría da Letras Galegas do Luns 13

No adxunto  pódese descargar a autorización para quedar na Romaría do luns 13 ao mediodiía. Entregaranse cubertas na consexería.

ERAMUS+ MOBILIDADE 2023

En adxúntos pódese consultar a documentación referida ao programa de Mobilidade 2023

SPRING WEEK: PROGRAMA DE INMERSIÓN LIGÜÍSTICA EN INGLÉS

O noso centro vai paricipar, un curso máis, no programa de inmersión lingüística "SPRINGWEEK" no que participarán un grupo de 25 alumnos/as de 1º de ESO acompñadados por unha profesora do centro.

Nesta semana o alumnado participará en moitas actividades dinamizadas por unha empresa contratada pola Consellería dirxidas por monitores como rocódromo, hípica, senderismo... nas instalacións do complexo Cemar en Mondariz.

O directora será o máxmo responsable do programa e a persoa de contacto coa Xunta e os centros. A continuación dispoñemos dous coordinadores que se encargarán da metade do grupo xunto con 10 monitores cada un. A enfermeira encargarase de todos os asuntos médicos, medicamentos e todo o relacionado con alerxias ou intolerancias alimentarias.

No folleto adxunto pódese buscar máis información.

 

Probas de acceso a ciclos medios. Prazo de inscripción ata 8 de marzo 2024

Probas de acceso a ciclos medios

  • Prazo de inscripción: Ata 8 de marzo
  • Modo de inscripción: Aplicación Ciclosprobas  

https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

 

  • Listaxe provisional: 15 de marzo
  • Reclamación listaxe: 18 - 22  de marzo
  • Listaxe definitiva: 19 de abril
  •  Data de realización da proba: 23 de maio
  • Publicación de cualificacións provisionais 3 de xuño
  • Reclamación cualificacións. 3 - 7 de xuño
  • Publicación de cualificacións definitivas: 21 xuño

 

Información en  https://www.edu.xunta.gal/fp/probas

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

1. PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS curso 2024-25

-A quen está dirixido :

  • ao alumnado dos centros de primaria adscritos ao IES Terra de Turonio que  cambian de etapa e entran no instituto en 1º de ESO 
  • ao alumando de 4º de ESO do IES Terra de Turonio que queiran facer reserva de praza en Auga da Laxe para cursar 1º BACH

-Prazo de presentación de solicitudes:  

do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 -Forma de presentación de solicitudes:

a) Sede Electrónica procedemento ED550A. Precisarase a Chave365 ou certificado dixital.

b) Presencial no centro no que estea matriculado actualmente o alumnado. haberá solicitudes en papel na secretaría do centro.

Acceso á aplicación :   admisionalumnado

 

-Publicación de listaxe do alumnado con posto reservado: 22 DE FEBREIRO (tanto no centro de orixe coma no centro de destino)

IMPORTANTEInformamos que todo o alumnado que solicitou reserva dos centros adscritos están admitidos. Pode consultarse a listaxe no taboleiro interior do centro.

 

2. PROCEDEMENTO DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN curso 2024-25

-A quen está dirixido :

A Solicitude de admisión ordinaria está dirixido ao alumnado que queira facer un un cambio de centro ao que non está adscrito.

*Importante: Non se poden facer conxuntamente Reserva de praza e Solicitude de admisión. Hai que facer previamente unha renuncia á reserva de praza, no caso que se fixese esta, para poder facer admisión ordinaria

 

-Prazo de presentación de solicitudes:

Do 1 ao 20 de  marzo de 2024

- Forma de presentación das solicitudes  

a) A solicitude preséntase no centro ao que se quere acceder como primeira opción na sede electrónica polo procedemento ED550B na aplicación  admisionalumnado 

Hai que clicar na solicitude de admisión ordinaria.

b) Nas secretarías dos centros ao que queira acceder.

 NOTAS:

  • Na solicitude poderanse listar ata 6 centros en orde de preferencia
  • A existencia de máis de dúas solicitudes de admisión sen renunciar á anterior ou á reserva pode ser motivo da perda ao dereito a participar no procedemento de admisión (artigo 8 da orde 21 de outubro de 2022)

-Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:

25 de abril de 2024  

 

  •  Adxudicación subsidiaria

-A quen está dirixido:  no caso das solicitudes presentadas en prazo que non resultasen admitidas no centro docente indicado en primeiro lugar, constituirase unha comisión de escolarización que as valorará para propor á Xefatura terirtorial a  asignación dun centro seguindo a orde de preferencia.

 

  • Fóra de prazo

No caso do alumnado que perdese o dereito a participar no procedemento, por solicitudes afectadas por irregularidades ou deficiencias ou as presentadas fóra de prazo.

-resolución

  • Entre o  21 de marzo e o 25 de abril de 2024. Adxudicaranse as prazas despois da adxudicación subsidiaria das solicitudes de admisión ordinaria que non fosen resoltas no seu prazo.
  • Despois do 25 de abril ata o 31 de agosto. Farase a adxudicación ao incio das atividades lectivas

   

3. Procedemento de  escolarización extraordinaria

 - A quen vai dirixido

Ás familias que que durante o curso escolar 24/25 precisen unha inmediata escolarización por causassobrevidqas que están recollidas no artigo 45 da Orde do 21 de outubro de 2022 como traslado da unidade familiar por mobilidade forzosa, discapacidade ou violencia de xénro, traslado de centro sen cambio de localidade, incorporación tardía, acollemento familiar, siutación de acoso escolar

-Forma de presentación das solicitudes  

A) Presentarase o modelo normalizado presencialmente nas secretarías dos centros ao que queira acceder.

B) Cando se dirixan á Xefatua territorial poderan presenarse por vía electrónica co formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia

 

Distribuir contido


by Dr. Radut