Skip to Content

CICLO MEDIO GUÍA NO MEDIO NATURAL E TEMPO LIBRE

No díptico que se mostra pódese acceder a toda a información sobre a impartición do ciclo medio Guía no medio natural e tempo libre.

É un ciclo medio LOE de 2000h, repartidas en dous cursos. No 2º curso realízase a formación en centros de traballo (FCT) no último trimestre.

IMPORTANTE:

Dadas as características dos módulos deste ciclo, moitos deles impártense fóra do propio instituto:

-natación: piscina do CUVI

-cabalos: picadeiro Abraín en Vincios

Outros módulos teñen unha duración de varias horas seguidas como as prácticas de bicicleta ou media montaña e tamén implican algunha saída de varios días.

Acceder a toda a información de proceso de admisión a ciclos nesta páxina web na pestana de  ciclo e admisión a ciclo. Aí están todos os enlaces con toda a información.

 

INFORMACIÓN DOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN. DECRETO 156/2022

No ficheiro adxunto podedes consultar os criterios de promoción de titulación segundo o Decreto 156/2022 vixentes para 1º e 3º de ESO no curso 2022-2023.

EXPOTURONIO CURSO 2022-2023

Este ano  recuperamos EXPOTURONIO, un lugar onde podemos compartir ao longo da mañá do día 7 de xuño experiencias e actividades de traballos realizados ao longo do curso. Un espazo aberto a toda a comunidade educativa cheo de ciencia, cultura, coñecemento e diversión.

 

 

 

 

CALENDARIO FIN DE CURSO

En adxuntos podedes ver o calendario final de curso.

Premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico curso 22-23

Publicouse a convocatoria no DOG do 14 de abril dos premios ao rendemento académico

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

No PDF adxunto achégase resumo de información de todo o proceso

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES BECAS DO MEC PARA O CURSO 23/24

Informamos que está aberta a convocatoria de bolsas xerais para os estudo de niveis porstobrigatorios (bacharelato e FP básica)

O prazo de solicitudes é do 27 de marzo ata o 17 de maio.

É importante que o alumnado intersado pida a beca neste prazo aínda que non saiban que van estudar nin onde ou se van seguir estudando xa que de non facelo, non poderán perdir depois becas para o curso 23/24.

Tamén lembramos que aquel alumnado que sexa candidatos a cursar a FP básica no curso que vén tamén deben solicitar esta bolsa dentro do prazo establecido.

No seguinte enlace podedes obter toda a información aquí

 

VISITA DE ANXO IGLESIAS A "UNHA NOVA DIMENSIÓN"

Hoxe visitou o centro Anxo Iglesias e estivo na clase de lingua galega de 1º C onde presentou  o seu libro "Unha nova dimensión". O alumnado divertiuse moito facendo actividades ao redor do libro como cantar un rap.

 

INTERCAMBIO COA BRETAÑA

O noso centro foi aceptado no programa de intercambio coa Rexión da Bretaña convocado pola Consellería. O alumnado participante está a gozar da estadía, entre o 11 e 18 de marzo, en Francia en réxime de acollida por familias de alumnado francés do Collège Simone Veil de Crevin en Rennes. Á parte de visitar a bisbarra, o noso alumnado tamén tivo a oportunidade de dar a coñecer a nosa lingua galega ao alumnado francés.

 

 

  

DÍA 8 DE MARZO 2023

Para celebrarmos o Día da Muller o noso centro realizou unha actividade en colaboración co Concello de Gondomar no pavillón municipal de deportes. O alumnado lembrou as mulleres máis senlleiras nas súas vidas, nais, avoas, madriñas..., como referentes nos coidados.

 

 

PROCESO DE ADIMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

Está aberto o proceso de admisión para o alumando en centros docentessotidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infanteil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacharelato (DOG núm. 29, 11 de  febreiro)

NORMATIVA DE REFERENCIA

-Decreto 13/2022

-Orde 21 de outurbro de 2022

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática "admisionalumnado

1. SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA: abrangue do 16 de xaneiro ata o 6 de frebeiro. 

2. SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Para cubrir a solicitudes poderán seguir unha destas opcións:

1. Cubrir informaticamente a solicitude e presentala manualmente no centro, seguindo o menú "solicitudes-->admisión -->crear". Unha vez cubertos os datos hai que premer en "Crear e confirmar" e posteriormente poderase descargar un pdf para imprimir, asinar e presentar no centro.

2.Cubrir a solicitude informaticamente e presentala na Sede electrónica a través da chave 365. Despois  de seguir o menú "solicitudes-->admisión -->crear", premer o botón "confirmar solicitude" e posteriormente "Firmar e preentar na Sede lectrónica".

Non obstante, se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente, pode facelo de xeito manual descargando o pdf que está en adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut