Skip to Content

INFORMACIÓN URXENTE SOBRE A EXCURSIÓN DE 4º DE ESO

 


LUGAR: BARCELONA-TARRAGONA-PORT AVENTURA

DATAS: 13 A 17 DE ABRIL DE 2023

PREZO DA RESERVA 149 € (Concepto: "Turonio"+ Nome do alumno)

PRAZO PARA FACER O PAGO DE RESERVA:

MEDIANTE TRANSFERENCIA 11-12-2022 (B. Santander  ou Abanca) (Ver instruccións no arquivo adxunto 1)

MEDIANTE PAGO CON TARXETA NA PROPIA AXENCIA 9-12-2022 (14:00H) (Ver instruccións no arquivo adxunto 1)

 

O resto dos detalles da viaxe, inluido o prezo final, as actividades etc. podedes consultalos nos 3 arquivos adxuntos. (1. Resumo de instrucións da reserva; 2. Detalles da viaxe; e 3. Información sobre o seguro)

No momento que a reserva sexa formalizada, a axencia enviará as rifas para que o alumnado poida comezar a vender.

 

Noutra orde de cousas, o venres día 9 farase o primeiro encargo de camisetas, unha vez que o alumnado entregue o debuxo definitivo e as follas de pedido, co fin de telas dispoñibles antes das vacacións de Nadal

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

 

O presente curso 22-23 toca renovación parcial dos representantes do Consello Escolar  (segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares).

Esta renovación faise cada dous anos e renóvase a metade dos representantes que ten cada sector no Consello  Escolar: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente que foran elixidos no ano 2018.

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

  • Presentación de candidaturas:   do 11 ao 18 de novembro ata as 14:30 horas

Os candidatos que se  queiran presentar ás eleccións como candidatos terán que presentar a súa candidatura cubrindo un impreso que poden solicitar na secretaría do centro ou descargar da páxina web e presentalo na secretaría do centro días 9 a 18 de novembro ata as 14:30 horas

  • Sorteo das mesas electorais :     21 de  novembro

O día 21 de novembro sortearase os membros que formarán as mesa electorais o día das  votacións . A mesa estará integrada por catro titores legais no sector das familias, e por dous no alumnado

  • Votación:           
    • 29 de  novembro:
      • Familias: de 17:00 a 19:00
      • Profesorado: de 12:00 a 12:30
      • Persoal non docente: de 14:30 a 15:00
    • 30 de novembro
      • Alumnado: de 11:10 a 12:00 na hora de titoría

 

  • Resultado das eleccións. Proclamación dos representantes elixidos dos distintos sectores.     1 de decembro

En adxuntos podedes descargar o impreso para a presentación da candidatura que hai que cubrir e entregar na secretaría do centro nas datas indicadas.

 

                                                                       A Xunta electoral

 

O samaín e algúns personaxes terroríficos

Xa se achega o Samaín!
Así que, para celebralo como é debido, compartimos con vós este polítptico elaborado polo Departamento de Lingua Galega.
Nel poderedes atopar a explicación desta nosa tradición que, desde os 90, demos en chamar xenericamente Samaín e a inspiración para vos disfrazar, porque, aínda que os disfraces non formen parte, estritamente, da nosa tradición, se non vos podedes resistir, si que podedes inspirarvos en figuras terroríficas de noso. E hai moitas!!
 
Pasádeo ben!
 
Fai clic no cartel

CALENDARIO DA HORA LECHORA

No arquivo adxunto pódese ver o calendario de todo o curso da HORA LECHORA.

Alumna premiada por Inspiraciencia

    O IES Plurilingüe Terra de Turonio quere dar os parabéns publicamente á súa alumna Brezo Verea Nieto que acaba de recibir, o pasado sábado 9 de setembro en Barcelona, o "PREMIO ESPECIAL "INTELIGENCIA ARTIFICIAL" en lingua galega na categoría de persoas mozas, convocado por Inspiraciencia.  
 
 
    O relato de Brezo Verea, titulado "INDA QUE O ALGORITMO FALLE...", foi ademais teatralizado durante o acto de entrega dos premios. Trátase dun relato moi humano, a pesar de que a súa protagonista non é de carne e óso.
    Brezo Verea, obtivo tamén, no mes de maio, o segundo premio de poesía da categoría B no Certame Beatriz da Serra en que participa todo o alumnado de Ensino Obrigatorio e Post-Obrigatorio do Val Miñor.
 
               
 
    Inspiraciencia, tal e como se define na súa web, "é unha iniciativa que relaciona ciencia e escrita de maneira lúdica, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción". Cada ano convoca un certame de relato de ámbito estatal, en catro linguas do Estado: galego, éuskaro, catalán e español.
 
Podedes ler o relato no seguinte enlace: https://inspiraciencia.es/es/premiados
 

GUÍA DO CURSO 2022-2023

No documento adxunto pódese ver a información  máis relevante sobre o centro de utilidade para as familias.

PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O CURSO 2022/2023

Este curso a Consellería vén de convocar a inscrición nas probas de nivel llingüístico B1, B2 e C1 para acreditar a súa competencia en inglés. As probas teñen carácter gratuíto e realízanse no centro.

Aquel alumnado que queira inscribirse nelas debe cubrir e asinar o documento de adxuntos de compromiso indiviual en presentarse a ditas probas.

PRAZO: día 14 de xullo.

LUGAR: entregar na secretaría do centro.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

 Segundo a Orde do 29 de abril de 2022, ábrese o prazo para a solicitude de axudas de material escolar.

PRAZO: DENDE O 19 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO.

A solicitude pódese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365 co código de procedemento ED330B. Igualmente pódese  presentar en papel na secretaría do centro co impreso que se pode descargar do ficheiro adxunto (ANEXO I e II).

Para acceder á orde pódese facer dende aquí

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E OBTENCIÓN DE MATRÍCULA DE HONRA NA ESO

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Estes criterios atopanse no documento que se achega.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut