Skip to Content

Alumna premiada por Inspiraciencia

    O IES Plurilingüe Terra de Turonio quere dar os parabéns publicamente á súa alumna Brezo Verea Nieto que acaba de recibir, o pasado sábado 9 de setembro en Barcelona, o "PREMIO ESPECIAL "INTELIGENCIA ARTIFICIAL" en lingua galega na categoría de persoas mozas, convocado por Inspiraciencia.  
 
 
    O relato de Brezo Verea, titulado "INDA QUE O ALGORITMO FALLE...", foi ademais teatralizado durante o acto de entrega dos premios. Trátase dun relato moi humano, a pesar de que a súa protagonista non é de carne e óso.
    Brezo Verea, obtivo tamén, no mes de maio, o segundo premio de poesía da categoría B no Certame Beatriz da Serra en que participa todo o alumnado de Ensino Obrigatorio e Post-Obrigatorio do Val Miñor.
 
               
 
    Inspiraciencia, tal e como se define na súa web, "é unha iniciativa que relaciona ciencia e escrita de maneira lúdica, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción". Cada ano convoca un certame de relato de ámbito estatal, en catro linguas do Estado: galego, éuskaro, catalán e español.
 
Podedes ler o relato no seguinte enlace: https://inspiraciencia.es/es/premiados
 


page | by Dr. Radut