Skip to Content

E-DIXGAL incidencias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) poñen a sua disposición o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento. Dito servicio está disponible para xestionar e solucionar calquera consulta, incidencia, ou aclaracións de dúbidas que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.

Co fin de axilizar a resolución de incidencias e acortar distancias entre os usuarios do servizo e a infraestructura de soporte, o Servizo Premiun pon en marcha duas novidades: por un lado, a atención no domicilio dos docentes e familias se fose necesario, e, por outra parte, a atención descentralizada en 80 Puntos Físicos de Atención Especializada repartidos nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, situados estratexicamente de maneira que cada centro E-Dixgal dispoña nas súas proximidades dun destes puntos.

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es



page | by Dr. Radut