Skip to Content

Física e Química

Alumno do Turonio premiado no certame Inspiraciencia

Francisco José Álvarez Reino alumno que estudia ·3º curso da ESO no IES “Terra de Turonio” de Gondomar, ven de gañar o primeiro premio no certame “Inspiraciencia. Concurso de Relatos de Inspiración Científica” na modalidade de relato curto xuvenil en castelán .  A decisión do xurado coñeceuse o 26 de xuño no curso dun acto público celebrado na Biblioteca da Sagrada Familia de Barcelona.

Ciencia en movemento no Turonio

Os pasado 24 e 25 de febreiro sob coordinación do departamento de Física e Química desenvolvéronse na biblioteca do centro varias leccións experimentais ao redor do museo científico itinerante de Gondomar que leva por nome: "ciencia en movemento".

A actividade complementar estaba deseñada por razóns curriculares, de espazo disponíbel e da planificación xeral lectivo-académica do centro, para alumnado de terceiro e cuarto curso da ESO vencellados a esta área disciplinar científica.

Distribuir contido


by Dr. Radut