Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Premio para Martín Vidal

A fotografía presentada polo alumno Martín Vidal de 4º de ESO resultou premiada no 1º Certame "AS IMAXES DO PATRIMONIO" convocado por PONTE NAS ONDAS!

 Martín Vidal de 4º de ESO no acto de entrega de premios

 

A fotografía premiada

 

 

Aniversario dos Queimados

O 15 de outubro de 2018 cúmprese un ano desde que o lume arrasou o sur de Pontevedra.

As nosas alumnas e alumnos sentían a necesidade de contar a súa experiencia e así nolo transmiten neste vídeo gravado no centro, montado e editado por Mario Vila.

Reparto de froita fresca no recreo 2018

Un ano máis participamos no PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS.

Durante 10 días, nos recreos, todo o alumnado que o desexe ten acceso á cantidade de froita que queira ata agotar existencias. Cada día unha froita diferente!

Este plan desenvolvido polo FOGGA (Fondo de Garantía Agraria) conta coa axuda financieira da Unión Europea.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) é un organismo autónomo de carácter comercial e financieiro, creado pola lei 7/1994, do 29 de decembro, e adscrito á consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O Fogga é o organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galicia: Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolmento Rural (Feader).

 

Letras Galegas 2018

Estrea do documental QUEIMADOS

 

CONCERTO  DAS LETRAS GALEGAS

 

O IES Terra de Turonio celebra o Día das Letras Galegas o venres día 18 cun concerto do grupo DUDECAN do Val Miñor e a estrea do documental QUEIMADOS producido polo centro.

 

O acto desenvolverase no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o venres 18 a partir das 12.30 hs. e comezará coa proxección do documental QUEIMADOS. Un traballo audiovisual que se acaba de realizar no centro coas testemuñas do alumnado que viviu directamente o impacto dos incendios que asolagaron o Val Miñor no pasado outono. As testemuñas foron recollidas ao día seguinte da vaga de lumes e o alumnado relata con emoción os episodios vividos nas súas familias e os efectos causados na fauna e na paisaxe. O alumnado do ciclo formativo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural gravou imaxes no Monte Galiñeiro e realizou unha analise do impacto dos incendios no propio monte. A montaxe do vídeo foi realizada polo alumnado do centro.

 

ACTUACIÓN DE DUDECAN

 

 

O grupo DUDECAN será o encargado de poñer música á celebración das Letras Galegas. Un grupo de oito compoñentes con duas ex-alumnas do centro e que ven de gañar o concurso de Tolemias Talent.

DudeCan é unha banda galega de Funk/Ska/Mestizaxe que nace en 2016 reunindo a músicos que proveñen de grupos de largo percorrido da escena galega como Kogito - Ska feito na Galiza e a Fanfarria Taquikardia e de formacións emerxentes como Ameva ou Hex.

Esta mistura de procedencias ten un reflexo no estilo da banda que bebe do Funk e o Ska e que suma músicas do mundo con matices de Soul, Rock e Jazz que impregnan tamén os seus potentes directos.

Destacan ao vivo por unha cuidada posta en escea, exercicios de improvisación e interactuación co público e a potencia vocal dunha das voces máis prometedoras da música alternativa galega.

En 2016 poñen a proba o seu directo en numerosas salas do sur de Galicia con gran éxito e rematan de perfilar o que será o seu primeiro traballo de estudo. En 2017 publican o seu primeiro Ep "DudeCan", un cuidado debut composto por 5 temas en galego e inglés e comezan a súa presentación por Galicia e o estado cun novo deseño escénico cheo de forza e orixinalidade.

 

25 de novembro 2017 Día internacional contra a violencia sobre as mulleres

CLUB DE POETAS VIVAS do Instituto Terra de Turonio fai a súa presentación neste día cun poema de Mª Carme Caramés Gorgal, escritora e profesora de Santa Comba.

 

Desde Radio Turonio, Sofía, Claudia e Jessi de 2º ESO C, grabaron o recitado que podedes escoitar neste enlace http://www.ivoox.com/22235017

 

 

Cada mes teredes un agasallo coma este

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CLUB!!!

Retransmitindo o Vindel

No Día Internacional do Patrimonio, o pasado 16 de novembro de 2017, dende o Museo do Mar de Vigo, Ponte... nas ondas! retransmitiu o programa radiofónico

 ···RETRANSMITINDO O VINDEL···

 

 

Radio Turonio colaborou unha vez máis con Ponte... nas ondas! para levar adiante este programa radiovisual realizado por alumnado galego e portugués. Alumnado do IES Terra de Turonio encargouse da parte técnica, da realización e, en colaboración con alumnos de Portugal, da conducción deste programa que xira ao redor do Patrimonio galego-portugués, coa ocasión da estancia do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, en Vigo.

Coa participación de: Cipriano Jiménez - Grupo Pertenza
Camiño Noia - Profesora da Universidade de Vigo
X.Henrique Costas - Profesor da Universidade de Vigo
Música en directo : Primordiais

Retransmitindo en directo, e en imaxes,

Podedes velo neste enlace:

https://www.facebook.com/pontenasondas

O IES Terra de Turonio exterioriza o seu rexeitamento aos incendios forestais

Distribuir contido


by Dr. Radut