Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Bicos con lingua Letras galegas 2019

16 de maio de 2019, espectáculo das letras galegas:

Todo o centro acudiu ao auditorio Lois Tobío a gozar da representación teatral "Bicos con lingua" a cargo da compañía Talía Teatro.

EXPOTURONIO 2018-2019

O martes30 de abril celebrouse unha nova edición de EXPOTURONIO.

Nunha xornada de portas abertas, na que se recibiu a visita de pais e alumnado dos colexios de primaria, puidemos visitar unha gran variedade de postos nos que se abordaba o tema deste ano,  "A felicidade".

Pódense botar unha ollada ás fotos na galería de imaxes.

Correlingua 2019

O pasado martes 14 de maio, o alumnado de 2º de ESO participou no Correlingua 2019. Unha actividade de normalización lingüística na que as rapaces e rapazas fan unha carreira lúdico-reivindicativa a prol da nosa lingua. Se queredes mirar todas as fotos ide á Galeria de imaxes.

Campaña a prol da compostaxe en Gondomar

O pasado mes de marzo a cadea de televisión TELEVIGO interesouse pola campaña que está a desenvolver o alumnado da asignatura Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º de ESO. Visitaron a composteira de Gondomar e máis o instituto e fixeron unha reportaxe sobre este tema con entrevista a Silvia e a alumnos que participan na campaña.

 

Reportaxe emitida no programa Plató Abierto de TELEVIGO sobre o programa de reciclaxe que se desenvolve no instituto.

 

CEIP de Panxón visita o centro (marzo 2019)

O xoves 28 de marzo visitaron os estudios de Radio Turonio un grupo de alumnado e profesorado do Colexio de Educación Especial de Panxón de Nigrán. Aproveitamos a visita para coñecer as súas inquedanzas e tamén para saber máis do seu día a día no centro. Esta foi a conversa que mantivemos...

 

O ALUMNADO DO CICLO NA XORNADA DE DEPOEMPRENDE 2019

Onte, día 27 de marzo, o alumnado do ciclo asistiu á Deputación de Pontevedra ao acto de presentación dos dous proxectos seleccionados que fixeron ao longo deste trimestre no módulo de "Administración, xestión e comercialización na pequena empresa" que imparte a profesora Cristina Blanco Becerra.

Presentaron dous proxectos:

Octopus Adventurer consistente en actividades de turismo activo como roteiros en piragüa, bicicleta, senderismo e rocódromo con pisicina. O grupo está formado por Uxía Paz, Alejandro Burguillos, Luis Fernández e Kevin Barcia.

Blind runner consistente en realizar bicicleta, sendeirismo e  carreiras por montaña, estas dúas últimas adaptadas para cegos. O grupo está formado por Jorge Fernández, Óscar Santiago e Leyla Rouco.

15 MARZO: ESCOITAMOS A GRETA THUNBERG

No instituto escoitamos a chamada de Greta Thunberg e fixemos un programa de radio no recreo.

XORNADA SOBRE AS ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 2019

LINGUA, CULTURA E PATRIMONIO
NO MEDIO NATURAL
 

O IES Terra de Turonio organiza unha xornada técnica sobre as posibilidades que ofrece o sector turístico en Galicia e no Norte de Portugal a partir dos ciclos profesionais de actividades físico-deportivas no medio natural. Está destinada ao profesorado e alumnado dos ciclos profesionais que se imparten en  5 institutos de Galicia: Porto do Son, Arteixo, Silleda, Poio e Gondomar.

O IES Terra de Turonio, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza o mércores día 13 no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura, unha xornada sobre a interpretación da cultura, o patrimonio e o turismo nas actividades físicas e deportivas. O instituto Terra de Turonio imparte desde o curso 2004/05 o ciclo profesional “Condución de actividades físico-deportivas no medio natural”   que tamén se imparten noutros catro centros de toda Galicia.

 

No Norte de Portugal, na vila de Melgaço, a Escola Superior de Desporto e Lazer é unha das escolas do Instituto Politécnico de Viana do Castelo,  hai unha facultade de ensino superior que imparte estas ensinanzas cun enfoque centrado no medio natural.

 

 https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/38311/valentin-garcia-destaca-papel-deporte-promocion-galego

 

 

 

 

 

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO

Hoxe, 7 de marzo, iniciamos no centro unha serie de actividades que continuarán toda a semana que vén. Proxectouse o vídeo "Penalty" e un vídeo de Mulleres na historia feito polo ENLG do IES de Elviña e ademais  un grupo de alumnas leron uns poemas.

Distribuir contido


by Dr. Radut