Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Certame de poesía Beatriz da Serra

Este xoves 27 de maio, o xurado do Certame de poesía Beatriz da Serra, organizado polo CEIP Carlos Casares e IES Escolar Proval de NIgrán e o IES Terra de Turonio, de Gondomar, deu a coñecer os poemas premiados nesta IIª edición.
Aquí podedes ler a acta e os poemas premiados.
Desde o IES Terra de Turonio, enviamos os nosos parabéns a todas as persoas premiadas e ao alumnado participante. Tamén manifestamos a nosa satisfacción por ver recompensado o esforzo realizado pola rapazada, que no noso centros se concreta en tres premios e unha mención especial.
 
PARABÉNS!!!
 
 

POEMAS PREMIADOS NO II CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA

 

MODALIDADE A:

 

    

1º Premio: Adriana Gómez Rodríguez, alumna do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), polo seu poema “Os paxaros”.

 

 

     2º Premio: Laura Burgo Rosendo, alumna do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), polo seu poema “O mar”.

 

 

 

 MODALIDADE B:

    

1º Premio: Isis Acea Portabales do IES Escolas Proval de Nigrán polo seu poema “Ausencias”

 

 ⮚     2º Premio: Lucía Martínez Otero do IES Terra de Turonio de Gondomar polo seu poema “Inspiración

 

 

MODALIDADE C:

 

    

1º Premio: Sara Chamadoira Jordán do IES Terra de Turonio de Gondomar polo seu poema “Fuxe das sombras”.

 

 

    

2º Premio: Jimena Costas Misa do IES Terra de Turonio de Gondomar polo seu poema “Música das follas”

 

 

Por unanimidade, o xurado acorda facer unha mención especial para deixar constancia da calidade do poema “19.5.2003”, de Paula Álvarez do IES Terra de Turonio de Gondomar. Será publicado xunto cos outros poemas premiados.

 

 

Charla literaria de Sonia Mirón

Este martes 20 de abril tivemos a inmensa sorte de contar coa escritora

no IES Terra de Turonio. Moito do noso alumnado leu a súa novela: "Un sol dentro de mí" e ficou abraiado do ben que retrata a adolescencia e problemas típicos dese momento. É, o máis importante, de como a historia que nos conta nos invita a vivir queréndonos a nós mesmos/as e valorando tanto o momento presente como ás persoas que nos rodean.


A escritora tamén nos falou das outras novelas que ten publicadas (“Si tu quieres” e “Mi corazón en una caja de zapatos”), o proceso de escritura, o amor pola lectura, o bullying, os seus libros favoritos e moitísimos temas de gran interese que captaron de xeito inmediato o interese do alumado...

Houbo miles de preguntas que quedaron sen responder por falta de tempo. Foi un pracer constatar como segue vivo o amor pola lectura entre a nosa mocidade. De feito, ó día seguinte un alumno acudiu á biblioteca dicindo: "Como a escritora dixo que hai un libro esperando por ti na biblioteca, pois veño a que me aconselles un". Moitas grazas a

 

polo seu inxente labo r de animación lectora.

 

 

DEPOEMPRENDE NA FP 20-21. ACTO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PREMIOS DEMO DAY

O mércores 14 de abril parte do noso alumnado do ciclo medio de FP "Actividades físico deportivas no medio natural" foron á Deputación de Pontevedra para presentar os seus proxectos no acto de Premios Demo day onde estaba presente a presidenta da Deputación, Carmela Silva, enmarcado no programa Depoemprende na FP 20-21

Os proxectos elixidos foron os seguintes:

  • Proxecto "Silla eléctrica adaptada" realizado po Iria Alves Frasquet e Lucas Rodríguez Santos
  • Proxecto "Rutas no Caurel" realizado polos alumnos Yago Valcárcel Vicente e Carlos Caldas Lemos

 

Video completo do acto  https://www.youtube.com/watch?v=QJpLjOEdW20

Olimpiada de Xeoloxía 2021

O pasado día 24 de febreiro oito alumnos de cuarto no noso instituto participaron na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía. 
Foi unha mañá chea de retos xeolóxicos primeiro en equipos e logo de xeito individual. Este ano desenvolveuse através da plataforma on line da Escola de Minas e Enerxía do campus da Universidade de Vigo. 
A nosa compañeira Carla Corbacho Vicente acadou o premio especial para os participantes de cuarto de secundaria e recibiu xunto ao resto dos participantes uns agasallos como recordo desta boa experiencia. Parabéns para ela!

Concurso fotográfico "Paisaxes do Val Miñor" 2020

 Durante este primeior trimestre os alumnos de terceiro da ESO estiveron a investigar as paisaxes do Val Miñor. Andiveron a buscar lugares recónditos do nos val onde a erosión e a sedimentación  foran as protagonistas e tamén lugares que reflexaran a manipulación do home na paisaxe. As fotografías recollidas participaron nun concurso.

 Estas fóron as premiadas:

  Premio “o lugar máis recóndito” otorgado polo profe Lino. É unha poza da Mina de Santa Ana no monte Galiñeiro.    Foto de Lucía González Barbosa

 

 

  Premio “mellor foto artística” otorgado pola profe Cris.   Foto de Sergio Rial Pérez

 

 

 Se queredes mirar todas as fotos presentadas podedes visualizalas nestes enlaces

Fotos 3º A

Fotos 3º B

Fotos 3º C

Fotos 3º D

 

Concurso de microrrelatos 25 de Novembro

I D e A S

Igualdade e Diversidade Afectivo Sexual

 

O grupo de igualdade e diversidade do instituto IDeAS, convocou a semana do 25 de novembro un certame de microrrelatos para conmemorar o Día internacional pola eliminación da violencia de xénero. A participación foi aberta a todo o persoal do centro: alumnado, profesorado e persoal non docente.

O xurado do concurso quere felicitar á comunidade educativa, pola alta participación e pola calidade dos textos recollidos.

Outorgáronse obsequios a todos os finalistas nas tres categorías da convocatoria: Alumnado de 1º e 2º, alumnado de 3º e 4º, Profesorado e persoal non docente.

Asimesmo houbo varios accésits en cada categoría.

Finalmente, concedéronse dous premios a sendos microrrelatos en cadansúa categoría, pois eran varios os textos que podían ser merecedores.

Todo un éxito!!!  Parabéns para os gañadores e grazas a todes por participar.

Pódense ler os relatos gañadores nos seguintes enlaces

 

Microrrelato Gañador Categoría 1º e 2º

Microrrelato Gañador Categoría 3º e 4º   I

Microrrelato Gañador Categoría 3º e 4º   II

Microrrelato Gañador Categoría Profesores I

Microrrelato Gañador Categoría Profesores II

 

Exalumno do Terra de Turonio entre os 20 mellores de Galicia

 

No DOG do 12 de Novembro de 2020 ven de publicarse a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019-2020.

O exalumno do centro D. Josué Troncoso Campos resultou garlardonado cun destes premios, que están dirixidos a alumnado que destacase polo seu rendemento académico na ESO, como foi o caso de Josué.

Este alumnado ten que superar unha proba na que demostren os seus coñecementos e habilidades adquiridas na etapa. Os 20 millores de Galicia levan un premio que ten unha dotación económica.

Os nosos parabéns!!! E os millores desexos para a prometedora traxectoria deste excelente alumno.

 

 Josué Troncoso xa obtivera en febreiro deste ano o premio ao mellor alumno de 4º de ESO da XI Olimpiada de Xeoloxía, organizada pola Facultade de Minas e Enerxía da UVigo. Na foto co nomeamento da Universidade de Vigo.

Semana da igualdade 2020 Hora Lecthora compartida

Dentro das actividades da semana da igualdade 2020 organizadas polo grupo de igualdade e diversidade afectivo-sexual, IDeAS, o mércores 11 de marzo realizouse unha Hora Lecthora compartida por toda a comunidade educativa.

Laura Sampedro, Sara Ayuso, Ángela Vila, Artai Troncoso e Sara Chamadoira escolleron e léronnos diversos textos de temática feminista e sobre a igualdade.

Entre os textos escollidos escoitamos poemas de María Reimóndez dos seus libros Moda galega e de Moda galega Relouded, poemas do libro Penúltimas tendencias de Carlos Negro, un fragmento de A Cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, un artigo periodístico de opinión de María Reimóndez, un texto de autoría propia dunha das lectoras.

Grazas a todes por participar !!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut