You are hereGalego / Actividades
Actividades
ROTEIRO DAS IRMANDADES DA FALA POLAS RÚAS DE FERROL
O venres , día 7 de outubro, os alumnos de 3º de ESO percorreron xa un camiño para celebrar os 100 anos das Irmandades da Fala e descubrir polas rúas da cidade, o papel tan impotante que tiveron en Ferrol. Sete paradas que nos descubriron a Xaime Quintanilla, o Coro Toxos e Frores, a pintura de Bello Piñeiro, a Editorial Céltiga, o Teatro Xofre... sen esquecer a outros persoeiros que contribuíron en moitas actividades como Rodolfo Ucha, coa súa espléndida arquitectura, ou Carvalho Calero, para o que seguimos reivindicando O Día Das Letras Galegas.
No uso do galego latexa a nosa liberdade: Xaime Quintanilla no acto de fundación da Irmandade da Fala de Ferrol.
O ESCRITOR FRANCISCO CASTRO VISITA O NOSO INSTITUTO
O día 12 de xaneiro o escritor Francisco Castro acudiu ao instituto para falar e compartir reflexións cos alumnos que realizaron a lectura dalgunha das súas obras.
No primeiro relatorio falou cos alumnos de 2º ESO sobre o seu libro de relatos O nono can; no segundo, compartiu impresións cos alumnos de 3º e 4º ESO sobre a súa novela O corazón da Branca de neve.
Os relatorios foron moi interesantes, pois Francisco Castro ademais dun gran escritor, é un home sensible, ameno e divertido, qu se dirixe aos rapaces con moita naturalidade e sentido do humor.
Malia qu os dous libros son ben distintos, teñen en común os obxectivos que Francisco di que persegue cando se dedica á literatura: contar historias qu axuden ao lector a coñecer realidades novas, descoñecidas e que sirvan para empatizar con seres humanos en situacións complicadas, que enganchen aos lectores para que gocen coa lectura e que axueden a cambiar o mundo.
TEATRO CON G
Representación da obra Quen somos por alumnos do IES CARVALLO CALERO, no centro cultural TORRENTE BALLESTER. Dirixida a alumnos de 3º de ESO.
LITELINGUA. RECITADO DE POESÍA
Recitado de poesía para alumnos de 1º ESO
CERTAME DE COCACOLA EN LINGUA GALEGA
O alumno José María Grande Santalla de 2º ESO A pasou á seguinte fase do certame de Cocacola en lingua galega, xunto con outros cinco alumnos doutros centros de Ferrol. Terá que acudir a un acto de entrega de premios en Lugo e alí coñecerá en qué posto quedou. Parabéns José María.
ALUMNOS DO CENTRO PARTICIPAN NA CAMPAÑA "GÚSTAME O GALEGO"
Os alumnos do centro participaron na campaña Gústame o Galego para crear un lema. En todos os cursos os alumnos colaboraron na tarefa de buscar un lema orixinal, creativo, con forza...
O lema GÚSTAME SOÑAR EN GALEGO E ESPERTAR CUN "BO DÍA" de Antón Dopico de 4º de ESO e GÚSTAME QUE NON NOS ROUBE A LINGUA O GATO de Francisco Larrañaga de 1º de BAC foron seleccionados para o photolook que tivo lugar no Cantón no transcurso da Feira do Libro. Velaí unha mostra:
GRANDE ÉXITO NA FINAL GALEGA DO CLUB DE DEBATE
O equipo de debate do noso centro demostrou unha vez máis a súa extraordinaria capacidade para a argumentación e a exposición dos seus puntos de vista, proclamándose campión, xunta co equipo do CPI de Rois, na final galega da II Edición do Club de Debate, celebrada o sábado 4 de maio en Santiago. Parabéns para todo o equipo, alumnos e profesoras.
Asistencia á representación “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil
Asistencia á representación “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura de Narón.
ORGANIZA: Departamento de Língua Galega e Normalización Lingüística.
ALUMNADO PARTICIPANTE: 3º ESO.
DATA: 8 de novembro de 2012.
Preme no link para descargar a autorización para poder asistir.
OBRADOIRO DE PORTUGUÉS
Obradoiro de portgués para alumnos de 2º ESO, organizado polo departamento de Galego.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »