Skip to Content

Historia

Benvido, pequeno tilo

O pequeno tilo é o fillo da vella árbore que acompañou a tantas xeracións de estudantes.

Unha semente foi parar ó claustro, onde xerminou e puido velo o noso conserxe Ignacio. Logo este levouno para a súa casa e alí estivo ata este xaneiro do 2011 en que volve de novo ó instituto.

O pequeno tilo from Alejandro Vilela on Vimeo.

Cando comezamos?

 

 

Instituto

 

A historia do Instituto remóntase ata o ano 1845, cando se aproba por parte do Ministerio da Gobernación en Madrid, a creación na cidade de Tui dun instituto de 2ª Ensinanza, Estará situado no Convento de San Francisco e a súa actividade rematará no ano 1850.
 
No ano 1933, no convento de Santo Domingo, rematouse a actividade académica. Algúns profesores do centro adquiriron destacado renome no mundo das letras e das artes, como Ferro Couselo e Benito Prieto Cussent. No ano 1936 desprázanse para Vigo os expedientes académicos e dende 1940 ao 1950 o Colexio  Homologado de Don Daniel é o único centro de Ensinanza Secundaria na cidade.

A partires do curso 1950-51, no edificio San Paio e con este nome, reiníciase co Bacharelato Elemental, a actividade docente como Instituto de Educación Secundaria e ao longo de diversos plans e reformas manterase aberto de forma ininterrompida ata o día de hoxe.


Nestas últimas décadas podemos destacar os seguintes plans:

Curso 1950-51: Inaugúrase o Centro de Ensinanza Media e Profesional na modalidade agrícola-gandeira e co nivel de Bacharelato Elemental.

Curso 1966-67: Implántase o Bacharelato Superior.

Curso 1967-1968: Comeza cun curso a reforma de Villar Palasí (Bacharelato Unificado) e mantéñense os demais cursos cos Bacharelatos dos plans anteriores.

Curso 1973-74: Implántase na súa totalidade o BU e dá comezo a primeira promoción do COU.

Curso 1975-76: Implántase o primeiro do Bacharelato Unificado Polivalente.

Curso 1998-99: Comeza a LOGSE con 3º de eSO.

Curso 2001-02: Desparece COU e implántanse as etapas completas da ESO e de Bacharelato LOGSE.

Curso 2007-08: Comeza implantación da LOE na ESO

Curso 2008-09: Implántase a LOE en 1º de Bacharelato

Distribuir contido


by Dr. Radut