O salón da educación e formación de Galicia terá lugar o vindeiro 26, 27 e 28 de febreiro de 2014 no Pazo de Congresos de Pontevedra.
Sería interesante que alumnado con inquedanzas profesionais a curto prazo asista.
Para AEMPE (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa da provincia de Pontevedra), o principal obxectivo de Edugal é tratar de contribuír a mellorar a formación do público: alumnado, profesorado, orientadores, país, nais, profesionais. Para isto, a oferta do salón será o máis ampla posible co fin de que satisfaga a persoas con diferentes necesidades.
Esta oferta comprende dende a elección da carreira universitaria ata o coñecemento dos diferentes cursos aos que optan traballadores/as en activo ou persoas en desemprego, pasando polo catálogo de Formación Profesional. Todo isto enmarcado en distintos ámbitos: autónomo, nacional e tamén internacional.
A entrada é gratuita!
Podedes atopar máis información detallada nos seguintes enlaces:
https://www.facebook.com/EDUGAL.AEMPE
www.edugal.es