Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Actividades

POEMAS OCULTOS

A "Blackout Poetry" (Poesía Oculta) chegou ao noso instituto aparecendo no recibidor do centro cos poemas elaborados polo noso alumnado.

 

Rosaliámonos no San Paio!

Dúas brigadas rosalianas de 1º de ESO recitaron en todas as aulas do centro. Moitas grazas a este pequeno pero animoso exército poético e a tod@s por deixarnos celebrar este día en medio dos preparativos do Entroido e das explicacións do currículo na última xornada lectiva previa ao inicio dos exames da 2ª Avaliación.

Exposición sobre a Guerra Civil e as súas consecuencias no Salón de Actos

 letreiro

80 ANOS DA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA 1936-1939

 EXPOSICIÓN NO SALÓN DE ACTOS:

 LEMBRANDO A GUERRA CIVIL, SEMENTANDO PAZ

 A GUERRA DO 36 E AS SÚAS CONSECUENCIAS

mesa1

 mesa2macuto

Podedes participar dun xeito activo na exposición que exhibimos no Salón de Actos guiándovos e cumprimentando este cuestionario. Moitas grazas pola vosa atención.

 

BOLETÍN INFORMATIVO: VISITA DE ESTUDO A LISBOA 2017 - 3º de ESO

Adxuntamos o boletín informativo coa información da Viaxe Didáctica a Lisboa para o alumnado de 3º ESO:

Descaga aquí:

DÍA DO LIBRO COS CATIVOS

Malia que tiñamos preparado ao alumnado para participar na celebración do Día Internacional do Libro co resto dos centros educativos da localidade no tradicional TUI LE o tempo ameazou chuvia.

Pero non podiamos deixar pasar este día sen contar algún conto polo que dous grupos de 1ºESO foron facer unha contada aos cativos da Galiña Azul.

Foi unha bonita experiencia para os nosos rapaces e rapazas ter un público tan entregado e, como non podía ser doutro xeito, elas e eles tamén estiveron á altura e o fixeron marabillosamente ben.

Parabéns e FELIZ DÍA DO LIBRO.

 

 

Visita de Estudo a Lisboa 4º ESO

Podedes ver nas Galerías da nosa web  fotos da viaxe a Lisboa. (Se queredes que as vosas fotos da viaxe tamén aparezan, pasainas)

Tamén podedes ver dar ollada rápida ás fotos con música en You Tube neste enlace.

.

Día Mundial da Bicicleta. Ecopista 2013.

Xa podedes ver fotos do roteiro en bici pola Ecopista de Valença no día Mundial da Bicicleta. As fotos están nas Galerias da web

Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es