Skip to Content

PARTICIPACIÓN NO PROXECTO RÍOS

 

O alumnado de 4ESO participa, un ano máis, no Proxecto Ríos, unha iniciativa destinada á detección de especies invasoras nos nosos ríos.

Como xa é tradición, o noso alumnado fai dúas mostraxes anuais no río Tripes para rexistrar a presenza de determinados bioindicadores e os valores de parámetros coma o pH, a cantidade de osíxeno, etc.

Os datos dos diferentes puntos de mostraxe póñense en común, representando unha potente ferramenta de obtención de información.

Data: 
Xov, 11/04/2024 - 13:26


page | by Dr. Radut