Prematrícula 2023-24
Para poder facer previsións de profesorado e optatividade, é necesario realizar unha prematrícula por parte do alumnado do centro. Esta complétase cubrindo o seguinte formulario (ata o 26 de maio):
Formulario para cubrir a prematrícula 2023-24
Lembra que:
- Para o alumnado que se incorpora a 1ºESO non se realiza prematrícula.
- En caso de presentar varias veces a prematrícula terase en conta só a última entregada.
- En calquera caso, deberase realizar a matrícula oficial do 23 de xuño ao 7 de xullo (ambos incluídos).
Dúbidas:
Para resolver dúbidas sobre orientación educativa, podes contactar coa orientadora e sobre cuestións técnicas co secretario. En caso de non poder facelo no centro, podes escribirnos ao enderezo electrónico: ies.sanpaio@edu.xunta.gal
Data:
Mér, 10/05/2023 - 03:11