Skip to Content

Atención a alumnado con materias pendentes (Artes Plásticas)

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES
PROGRAMA DE REFORZO

A avaliación do alumnado pendente das materias Educación Plástica, Visual e Audiovisual, Debuxo Artístico e Debuxo Técnico será realizada pola Xefa de Departamento.

Os exercicios propostos serán elaborados a partir dos mínimos esixibles para o nivel correspondente e postos en coñecemento dos interesados a través dunha reunión que terá lugar no primeiro trimestre do curso. Nesta reunión tamén se informará das datas para a entrega dos exercicios tanto nas tres avaliacións parciaiscomo na avaliación final ordinariae das datas de realización das probas oficiais, así como do horario de atención do alumnado para a resolución de posibles dúbidas.


A todo o alumnado coa materia pendente, convocaráselles con antelación para explicarlles os contidos da materia. Faranse varias reunións ao longo das tres avaliacións parciais para realizar un seguimento e ver se teñen algún problema coas diferentes propostas.


Realizaranse tres exames coincidindo coas tres avaliacións parciais.

CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES Instrumentos de avaliación:
  • Láminas e traballos prácticos: 20% da nota total.
  • Probas: 80% da nota total


page | by Dr. Radut