Skip to Content

Atención a alumnado con materias pendentes (Bioloxía e Xeoloxía)

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES
PROGRAMA DE REFORZO

 

O alumnado de ESO que promocione sen ter acadado os obxectivos de materias previas do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía (neste caso 1o ou 3oESO), seguirá un plan específico de reforzo destinado a acadar as aprendizaxes non adquiridas. Revisarase trimestralmente a súa aplicación e máis especialmente ao final de curso.

Este programa consistirá en:

1. Boletíns de actividades

Trimestralmente o departamento facilitará uns boletíns con actividades ao alumnado coa materia pendente, (1º ou 3º ESO). Os boletíns levarán incorporado un acuse de recibo, que os pais/nais, titor/titora ou titores legais dos alumnos/as deberán devolver firmado á profesora que imparta a clase de Bioloxía e Xeoloxía no grupo no que estea adscrito a/o alumna/o coa materia pendente ou á xefa de departamento. As actividades deberán facerse na casa, ao ritmo de cada alumna/o pero supervisado pola profesora do curso (no caso de que se curse a materia no nivel en que se atopa a alumna/o). Estes boletíns de exercicios deberán ser entregados nos prazos sinalados, antes das correspondentes xuntas de avaliación.

A distribución, corrección e cualificación das actividades de avaliación será levada a cabo pola profesora que imparta clase de Bioloxía e Xeoloxía no grupo no que estea adscrito o alumno con materia pendente ou pola Xefa de Departamento.

As actividades estarán elaboradas a partir das actividades dos libros de texto correspondentes (mediante a plataforma E-dixgal), e incluíndo soamente os contidos mínimos da materia. A correcta elaboración e a entrega puntual e satisfactoria destes boletíns suporá o 50% da nota final.

2. Probas escritas

Realizarase un exame por trimestre coma testemuña escrita da asimilación dos contidos. Este exame suporá o outro 50% da nota final.

 

RECUPERACIÓN PENDENTES BACHARELATO

O alumnado que curse 2BAC coa materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1BAC pendente deberá realizar unha proba trimestral que se fixará nas datas que propoña xefatura de estudos. A xefa de departamento ou o/a profesor/a que imparta a materia de Bioloxía en 2BAC reunirase con alumnado que estea nesta situación para explicar qué contidos e competencias se avaliarán en cada trimestre e proporcionará material de estudio e/ou acceso á aula virtual do nivel avaliado.

Para superar a materia pendente, a media aritmética das tres probas trimestrais deberá ser igual ou superior a 5.

 

CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES A entrega puntual e satisfactoria destes boletíns pode supor ata 50% da nota final. Os exames suporán como mínimo o outro 50% da nota final de cada trimestre. Realizarase a media acadada entre os tres trimestres cara a nota final.


page | by Dr. Radut