Skip to Content

Atención a alumnado con materias pendentes (Filosofía)

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON ALGUNHA MATERIA PENDENTE:

 

Será realizada ao alumnado unha proposta de traballo completa e individualizada na que se desenvolvan os criterios mínimos exixibles en cada unidade didáctica. O departamento de Filosofía propón na aula virtual un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e as actividades recomendadas. Os instrumentos de avaliación a empregar serán unha combinación de cuestionarios e outras tarefas a realizar polo/a alumno/a a partir dos apuntamentos facilitados polo profesorado. A nota media de cada unha das avaliacións será o resultado de facer a media ponderada dos distintos traballos a realizar nesa avaliación (a ponderación de cada un deles será convenientemente indicada). A nota media final do curso será a nota media das notas medias de cada unha das tres avaliacións. Para obter o nivel de suficiencia mínima (5 puntos, suficiente), tanto nas avaliacións trimestrais, canto na avaliación final, será preciso entregar todos os traballos indicados en tempo e forma, quer na primeira data indicada, quer como recuperación.

Se se obtiver unha cualificación insuficiente (menos de 5 puntos), existirá a posibilidade de optar á recuperación. En función da casuística específica, esta recuperación poderá ter a forma quer da reelaboración dos traballos suspensos, quer da elaboración dun novo traballo ad hoc, quer, se o/a docente o considerar máis conveniente, na realización dunha proba escrita. En calquera dos casos, o/a docente indicará unha data de entrega dos traballos ou de realización da proba escrita.

No caso da materia de Filosofía do 1º de Bacharelato, no caso de non superar cun mínimo de suficiente (5) as tarefas encomendadas durante o curso, o alumnado será convocado a unha proba final que se adecuará ás datas previstas para a ABAU e que versará sobre a totalidade dos contidos. Neste caso a cualificación estará composta exclusivamente polo resultado da proba final proposta.

 


page | by Dr. Radut