Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes (Lingua Castelá)

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES

    

 

PROGRAMA  DE REFORZO

O alumnado da ESO que durante o presente curso teña sen superar de cursos anteriores algunha das materias do Departamento, deberán realizar un boletín de actividades de recuperación en cada trimestre .


O alumnado de Bacharelato que durante o presente curso teña sen superar de cursos anteriores algunha das materias do Departamento, realizará unha proba parcial de recuperación trimestral.

    

 

 

 

CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES

Alumnado da ESO

Os alumnos/as poderán aprobar a materia pendente se obteñen unha nota de 5 puntos na calificación dos tres boletíns de recuperación e unha nota mínima de 4 no curso actual na mesma materia.

Aquel alumnado que non entregue os boletíns de actividades de recuperación,os entregue sen facer ou incompletos, ou obteña unha calificación inferor a 4 puntos na mesma materia no curso actual deberá presentarse a un exame global de recuperación que se celebrará no mes de xuño.  

Alumnado de Bacharelato

Entenderase que a materia foi superada cando a nota de cada un dos exames trimestrais sexa de 5 puntos.De non recuperar a materia con estes exames parciais realizarase un exame final no mes de xuño.



page | by Dr. Radut