Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes (Matemáticas)

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES
PROGRAMA DE REFORZO

O alumnado que teña as matemáticas pendentes de cursos anteriores será obxecto dun seguimento mediante actividades propostas que terá que entregar en cada período avaliativo coas que se traballará a materia de cara a preparar as probas que puidesen ser necesarias en cada avaliación parcial.

No caso de 2º de bacharelato, o alumnado que non supere a materia pendente na avaliación ordinaria terá que repetir a parte correspondente a avaliación parcial non superada, nunha proba extraordinaria. A cualificación da avaliación extraordinaria será a media aritmética das cualificacións obtidas nesta proba xunto coas cualificacións das avaliacións parciais superadas.

CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES Seguiranse os mesmos criterios que na materia do curso de referencia.


page | by Dr. Radut