Atención ao alumnado con materias pendentes (Inglés)
ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES | |
PROGRAMA DE REFORZO E CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES |
Na primeira e segunda avaliación, o alumno/a, ademais de entregar as tarefas que lle indique o seu profesor/a, deberá realizar unha proba escrita sobre os contidos do trimestre correspondente especificados no punto anterior. A cualificación parcial trimestral corresponderá ao 80% de cualificación da proba máis o 20% da cualificación das tarefas, e redondearase ao número enteiro máis próximo no intervalo 1–10. O alumno/a superará a terceira avaliación e a materia pendente se aproba a 1ª e 2ª avaliacións do curso no que está matriculado (4º ESO). En caso contrario, o alumno/a deberá realizar unha proba escrita que corresponderá ao 100% da cualificación. O alumnado que trala terceira avaliación parcial non obteña unha cualificación final igual ou superior a 5 puntos realizará unha proba dirixida a avaliar a superación dos contidos básicos do curso. |