Skip to Content

Atención a alumnado con materias pendentes (Física e Química)

 

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES

 PROGRAMA DE REFORZO A Xefa de Departamento entregará ós alumnos material axeitado que incluirá un resumen dos contidos fundamentais, exercicios básicos, e outro material: táboas, gráficos, esquemas, mapas conceptuais, etc. e unha colección de fichas de traballo que o alumno deberá ir completando o longo do trimestre, e devolveraos á profesora para ser corrixidos e avaliados.
Tamén poderá utilizar como complemento o material da Aula Virtual ou Edixgal.
CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES Antes do final do trimestre farase unha proba escrita, nas datas sinaladas pola Xefatura de Estudos, que constará de: problemas, exercicios, preguntas ou cuestións semellantes as recollidas nas fichas ou caderno de traballo.
Os criterios de avaliación e cualificación serán os mesmos que os aplicados ao resto dos alumnos. (Especificados na Programación)
cualificación trimestral do plan de reforzo obterase a partir da proba escrita ( 70%) e o traballo realizado (30%).


page | by Dr. Radut