Skip to Content

Concurso de deseño de camisolas com lema en galego

 1º Concurso de camisolas cun lema en galego

 

 

Participantes: Alumnado de ESO.

Presentación: Lámina formato DIN A4, ou arquivo JPG. Indicarase o nome e apelidos, curso e grupo no reverso da lámina, ou no CD/disquette.

Técnica: Libre.

Lema: Poderá ser inventado, ou unha cita literaria, en cuxo caso incluirá o nome do/da autor/a.

Prazo: Até o venres 27 de febreiro.

Entregaranse os traballos ao profesorado do Equipo de Normalización, ou ao profesorado de Plástica.

Criterios: Valorarase a orixinalidade, a cualidade gráfica da proposta e a mensaxe transmitida. 

Premio valorado en 70 euros para a mellor proposta.

Os traballos quedarán a disposición do Equipo de Normalización Lingüística, que poderá realizar modificacións puntuais.



page | by Dr. Radut