ACTIVIDADES DO CENTRO
Bautismo Surf
Enviado por admin o Sáb, 21/05/2022 - 16:23"QUEDADA MANGA"
Enviado por teijeiro o Ven, 22/04/2022 - 10:59O alumnado do Club Manga do IES Ricardo Mella é o anfitrión da "Quedada Manga", os invitados foron alumnado do IES Álvaro Cunqueiro e do IES Valadares. O equipo organizador do evento tiña un amplo programa de actividades como kahoots, torneos, obradoiros de Hiragana e Katana, etc., coas que gozaron durante toda a mañá.
Parabéns pola organización!!
XORNADAS DE EDUCAR EN XUSTIZA.
Enviado por admin o Sáb, 09/04/2022 - 11:36O alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (grupo A) e Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos visitaron os Xulgados do Social de Vigo, en concreto o Xulgado nº 2, do que é titular o xuíz decano D. Germán Serrano. Alí durante unha xornada completa asistiron como oíntes aos xuízos sobre asuntos laborais e de Seguridade Social que se celebraron e puideron consultar as dúbidas que foron xurdindo tanto cos/coas letrados/as das partes como co Xuíz. |
Pinchar na imaxe para ver todas as fotos
2º DA ESO VISITA A EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios)
Enviado por admin o Sáb, 09/04/2022 - 11:26
O noso alumnado de 2º da ESO fixo a segunda saída post-pandemia visitando a EMAO en Vigo. Alí coñeceron a historia da Escola, ensináronlles a Biblioteca na que lles mostraron obras e manuais de máis de 400 anos de antigüidade e visitaron a exposición de coiro con traballos de alumnado da escola e outros traballos de artesáns xa experimentad@s, onde Pepe, o profesor de coiro lles explicou as diferentes técnicas e maneiras de traballar este material. Estiveron no obradoiro de Construción artesanal de instrumentos musicais (CAIM), onde lles ensinaron como se constrúe unha zanfona e unha gaita, ademais de facerlles unha pequena demostración de como soan estes instrumentos. Por último, no obradoiro de Serigrafía, ademais de ver o proceso de serigrafiado puido facer unha pequena práctica que tiña preparada a profesora desta especialidade. Moitas grazas á Escola e ao profesorado pola súa xenerosidade e pola preparación desta visita. |
Pinchar na imaxe para ver todas as fotos
Fotos Entroido 2022
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 13:56- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »