XORNADAS DE EDUCAR EN XUSTIZA.

O alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (grupo A) e Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos visitaron os Xulgados do Social de Vigo, en concreto o Xulgado nº 2, do que é titular o xuíz decano D. Germán Serrano. Alí durante unha xornada completa asistiron como oíntes aos xuízos sobre asuntos laborais e de Seguridade Social que se celebraron e puideron consultar as dúbidas que foron xurdindo tanto cos/coas letrados/as das partes como co Xuíz.

 Pinchar na imaxe para ver todas as fotos

Álbum: 2021-2022 -> Visita xulgado 2022