- ERASMUS+ INCOMING

Alumnado francés de prácticas en Vigo

Este mes de marzo acollemos a 2 alumnas francesas acompañadas da súa profesora. Estudian Coidados Auxiliares de Enfermaría e atópanse facendo prácticas nunha residencia da terceira idade na cidade de Vigo. Estiveron coñecendo o noso centro e cambiando impresións cos noso alumnado sobre as diferenzas na forma de traballar entre España e Francia no sector sanitario.

Estas mobilidades está relacionados cos proxectos Eramus+ nos que colabora o IES Ricardo Mella con outras entidades educativas e profesionais da Unión Europea e que posibilitan o enriquecemento persoal e profesional do alumnado, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego e a perfeccionar competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.

Alumnado alemán de Erasmus+ no Ricardo Mella

Alumnado Alemán do BBS AM MUSEUMSDORF(Europaschule – Umweltschule – Sportfreundliche Schule), fai prácticas en Vigo dentro dun programa ERASMUS+ en colaboración co IES RICARDO MELLA (Vigo).

 

Dende o pasado mes de setembro, 3 alumnos e alumnas alemáns pertencentes ao centro de ensino secundario e profesional BBS am Museumsdorf Cloppenburg (Alemaña) estiveron realizando una estancia formativo no noso centro educativo durante un período aproximado de 2 meses. Dito período abarcou por un lado, a asistencia a clases con noso alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería, e posteriormente unhas prácticas profesionais, propias da súa especialidade no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, que ven colaborando co o noso centro dende fai anos.

Esta mobilidade acollese dentro dos proxectos ERASMUS+ no que colabora o IES Ricardo Mella, con outras entidades educativas e profesionais a o longo da Unión Europea e, que posibilitan un enriquecemento persoal e profesional dos/as estudantes, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego, e a perfeccionar as competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.

Distribuir contido