blogue deadmin

ORGANIGRAMA


Alumnado alemán de Erasmus+ no Ricardo Mella

Alumnado Alemán do BBS AM MUSEUMSDORF(Europaschule – Umweltschule – Sportfreundliche Schule), fai prácticas en Vigo dentro dun programa ERASMUS+ en colaboración co IES RICARDO MELLA (Vigo).

 

Dende o pasado mes de setembro, 3 alumnos e alumnas alemáns pertencentes ao centro de ensino secundario e profesional BBS am Museumsdorf Cloppenburg (Alemaña) estiveron realizando una estancia formativo no noso centro educativo durante un período aproximado de 2 meses. Dito período abarcou por un lado, a asistencia a clases con noso alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería, e posteriormente unhas prácticas profesionais, propias da súa especialidade no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, que ven colaborando co o noso centro dende fai anos.

Esta mobilidade acollese dentro dos proxectos ERASMUS+ no que colabora o IES Ricardo Mella, con outras entidades educativas e profesionais a o longo da Unión Europea e, que posibilitan un enriquecemento persoal e profesional dos/as estudantes, axudan a mellorar as súas posibilidades de emprego, e a perfeccionar as competencias lingüísticas, a través dun período formativo de prácticas en empresas estranxeiras.

 

 

 

Plan MELLorA

Documento do plan MELLorA.

Pinchando na imaxe terás acceso ao formulario do plan MELLorA.

Distribuir contido