Premios e innovación educativa

Premios e innovación educativa

Premio de innovación na FP por "Telerrobot con realidade virtual"

O proxecto “Telerrobot con realidade virtual” coordinado dende o noso departamento de Electrónica -xunto co IES Politécnico de Vigo e o IES Escolas Proval- vén de ser recoñecido nos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na Formación Profesional.

Con este fin, o alumnado de Electrónica recibirá unha ampla formación en tecnoloxía, robótica e programación para deseñar e construír un robot con capacidade de telecomando a base da incorporación dun sistema de realidade virtual. O robot levará unhas cámaras na posición dos ollos e terá un colo articulado que unha persoa poderá manexar a distancia. O manexo da cabeza do robot farase desde un móbil colocado dentro dunhas lentes de Realidade Virtual, de xeito que os movementos da cabeza da persoa serán replicados pola cabeza do robot. Ademais, a imaxe das cámaras do robot transmitirase ata o teléfono móbil, e así a persoa estará vendo o mesmo có robot. 

Así que, ánimo ao alumnado e aos profesores da familia de Electrónica, Carmen Currás, Jorge Domínguez e Javier Darriba, para afrontaren este novo reto!!

   
 

Premios extraordinarios de Bacharelato e FP Superior

A Xunta publicou os premios extraordinarios de Bacharelato e FP superior aos que se lles recoñece os méritos excepcionais polo excelente resultado académico acadado.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/52958/xunta-galardona-39-alumnas-alumnos-con-los-premios-extraordinarios-bachillerato

 

Entre eles atópase Fernando José Criado Rodríguez, alumno do IES Ricardo Mella no Ciclo Superior de Mantemento Electrónico.

 

Moitos parabéns !!!

 

Proxecto de innovación "Sistema IP de megafonía e control de acceso"

Presentación do proxecto de innovación “Sistema IP de megafonía e control de acceso” no congreso FP Innova Galicia celebrado en Santiago

Alumnos e profesores do departamento de Electrónica do IES Ricardo Mella participaron do 8 ao 10 de maio no congreso FP Innova Galicia, celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde presentaron o proxecto de innovación “Sistema IP de megafonía e control de acceso”

O proxecto resultou premiado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa como premio de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.

O proxecto consiste na elaboración do prototipo dun sistema IP de megafonía e control de accesos que utilice un sistema de control de baixo custe baseado no computador "Raspberry Pi" e coas partes non electrónicas feitas cunha impresora 3D. Con el preténdese formar aos alumnos en impresión 3D, mantemento de voz sobre IP, audio e vídeo.

 

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/fp/congreso-fp-innova/proxectos/15187

Pódese ver un vídeo presentación do proxecto pinchando na imaxe:

 

Tamén se poden ver unha presentación de fotos pinchando na seguinte imaxe (Tamén na galería):

Álbum: 2018-2019 -> Innova FP
Distribuir contido