Aquí tedes o TRAILER do espectacular SIMULACRO de Emerxencias Sanitarias realizado no IES

Xa podedes ver o trailer do simulacro realizado o 19 de abril do 2018 no IES Ricardo Mella máis unha selección coas mellores imaxes do día.

 

Grande suceso do SIMULACRO no IES que recolleron todos os medios de comunicación

Os medios de comunicación recolleron o magnífico simulacro levado a cabo polo ciclo de Emerxencias Sanitarias e coa colaboración dos Bombeiros de Vigo, o 061, Protección Civil e a Policía Local que valoraron moi positivamente esta iniciativa. Moitos parabéns a todas e todos os que colaborastes por nesta actividade.

Nos enlaces que hai a continuación podedes ver a nova nos medios:

Aquí podedes ver fotos é videos de como recolleu a actividade o FARO DE VIGO

Aquí podedes ver fotos é videos de como recolleu a actividade La Voz de Galicia

 

Trailer da curta "Falemos de igualdade"

Trailer da curta "Falemos de igualdade" realizado por alumnado de 1º de AF do IES Ricardo Mella. A curta sairá no fin de curso e estamos xa impacientes por ver este magnífico traballo.

IES Ricardo Mella

Obradoiro sobre iniciativa emprendedora

A emprendedora viguesa Sandra Touza estará no noso IES falando da súa experiencia dentro do programa EduMotivaCon. Así o recolle o xornal Atlántico Diario:

Novas

 

Distribuir contido