Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para facer a FCT total ou parcialmente en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP. En caso de vacantes tamén poderán facerse mobilidades para alumnado recén titulado, sempre que fose seleccionado antes de desvincularse do centro educativo.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa desde un mínimo de 2 semanas ata un máximo de 81 días de duración nunha empresa estranxeira durante o presente curso académico 2023-24.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de outubro inclusive.

Presentación informativa

 

El proyecto KA121-VET está cofinanciado por el programa Erasmus+ de la Unión Europea. El contenido de esta publicación es responsabilidad exclusiva del IES Ricardo Mella y ni la Comisión Europea, ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.