Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades Erasmus+ para alumnado de Ciclos Superiores de FP

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para facer a FCT en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Superiores de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa de dous a tres meses de duración nunha empresa estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Períodos Xaneiro-Marzo e Abril-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro inclusive.