Skip to Content

Dinamización lingüística

Pensa, fálao. Vive!

TAM

 

 

En novembro de 2018 incorporamos á sección de Banda Deseñada o primeiro manga galego, TAM,  da autoría de Aldara Álvarez García.

http://www.asega-critica.net/2018/07/a-critica-da-critica-tam-e-o-manga.html

Hora de ler

No curso 20187-2019 iniciamos o proxecto Hora de Ler, recollido no Proxecto Lector do centro. A Hora de Ler supón un tempo reservado á lectura dentro do horario lectivo na que participan todos os grupos de alumnado da ESO. A súa finalidade é a de axudar a crear hábitos de lectura, desvinculándoa das materias puramente lingüísticas. Realizarase durante 20 minutos dunha clase á semana, segundo estableza o Plan Anual de Lectura e desenvolverase na aula, onde o profesorado tamén estará lendo e exercendo como modelo lector.

Ventos poéticos

 

O día 4 de maio estiveron no instituto  Olga Novo e Elisabete Marques, poetas galega e portuguesa, respectivamente, que recitaron algúns textos e explicáronlle ó alumnado de 1º de BAC algúns aspectos do seu labor literario. A tamén poeta Yolanda Castaño encargouse de introducir o acto e presentar as dúas escritoras.
 
 
 
 
A actividade forma parte de "Ventos poéticos", unha proposta do Concello grazas á cal viñeron a Ribadeo para un acto aberto ó público que tivo lugar pola tarde, ademais das xa mencionadas, os poetas asturianos Quique Roxíos e Xuan Bello.

Teatro: "Elisa e Marcela"

   

 

O luns, 8 de outubro, o alumnado de 2º de ESO e o de 1º de BAC que cursa a materia de Coeducación para o século XXI, asistiu á representación da obra “Elisa e Marcela”, a cargo da compañía A Panadaría.

 

    A actividade organizouna o Concello de Ribadeo e no centro coordinou a asistencia o departamento de Lingua galega, ó que pertence o profesorado acompañante, e o Equipo de Dinamización Lingüística.

                                                                                     Mais imaxes

 

 

                                                                                                                                      

 .

 

Entrega de premios "A palabra perdida"

O xoves 21 de xuño de 2018 tivo lugar a entrega de premios do xogo A Palabra Perdida, organizado pola Biblioteca e o EDL. Resultaron vencedoras as alumnas de 2º de ESO Helena Asensio Bande, Lucía López Pérez, Marta Ortiz González e Laura Rodríguez Besteiro. Os nosos parabéns ás premiadas!

O noso agradecemento tamén para tódalas persoas que concursaron ou que colaboraron no desenvolvemento do xogo (conserxes, administración,cafetería, limpadoras, profesorado e dirección do centro)

 

 

Dende Ribadeo a Varsovia. Unidos pola lingua.

 
Aproveitando que un exalumno do instituto é o Lector de galego na Universidade de Varsovia, realizamos un vídeo que supón un diálogo entre o noso alumnado e o alumnado de lingua galega de Varsovia. O obxectivo, pola nosa parte, é que o alumnado coñeza a proxección internacional da nosa lingua e que reflexione sobre a valoración que lle damos aquí e a que se lle dá fóra.
Participaron  no vídeo Linda Aristizábal, Irene Logares, Sara Logares, Julia García, Aicha Rajouani e Marina Ramos. Coordinou a actividade Suso Fernández Acevedo.

Día do libro

Con motivo do Día do Libro recibimos acabamos de recibir uns dípticos da Xunta (xa non sen tempo!) que están a disposición do alumnado na Biblioteca.

Intercambio co IES Aller Ulloa de Lalín

                 
 
O día 16 de maio tivo lugar a segunda fase do intercambio entre o noso IES e o Aller Ulloa de Lalín. Nesta ocasión foi o alumnado de Lalín quen se desprazou a Ribadeo para coñecer esta zona.
Promoveron a iniciativa os Equipos de Dinamización da Lingua dos dous centros,coa finalidade de que o alumnado coñecese unha zona diferente á súa e valore a nosa realidade cultural.
Como recordo, elaboramos este vídeo con imaxes das dúas xornadas.

Semana das Letras Galegas

Ó longo desta semana procuramos que o alumnado coñecese algo máis sobre Mª Victoria Moreno, escritora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

 

 

 

 

Para iso, ademais doutros recursos, foinos moi útil o caderno "María Victoria, terra adiante", editado pola Deputación de Lugo.

 

 

 

 

Desde o instituto editamos 400 marcapáxinas para distribuír entre a comunidade docente. O deseño foi obra da nosa compañeira do Departamento de Lingua e Literatura Galega Carme Conde.

 

 

 

 

 

 

.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut