Skip to Content

Varios

Feira da ciencia 2017

Os pasados 5, 6 e 7 de abril tigo lugar a XXIII edición da Feira da Ciencia de Ribadeo. O IES buliu durante tres días arredor de traballos con ciencia e feitos, máis ou menos, a conciencia. Un ano máis, tivemos visitas externas (do CP Gregorio Sanz) xunto coas internas do propio centro e familiares (ou non) do alumnado.
 
E, un ano máis, a feira servirá de selección para levar traballos ó día da Ciencia na Rúa na Coruña o próximo sábado 6 de maio, e calquera sabe a cantos sitios máis.
 
Cada ano, a feira ten os seus puntos fortes e as súas debilidades. Para calquera que a visite, pode ser doado ver sobre todo os puntos fortes, pero, para nós, dentro do centro, sempre estrarán presentes as debilidades. Este ano houbo que corrixir ás presas a primeira mañá unha pequena descoordinación que a piques estivo de botar abaixo tódalas visitas...

Anik Nandi

18 de xaneiro

Hoxe visitou o centro o o sociolingüísta Anik Nandi para falarlle ó alumnado da diversidade cultural, con especial atención ás similituades entre Galicia e a India.

ANIK NANDI  é un sociolingüísta bengalí que foi investigador do Instituto da Lingua galega. Actualmente está relacionado co Departamento de Linguas e Estudos Interculturais da Heriot-Watt University (Edimburgo), onde se doutorou o mes pasado cunha tese sobre a transmisión interxeracional do galego.

A visita ó noso centro forma parte  do programa “O galego é un mundo”, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que o leva a doce centros de ensino de Galicia. [MÁIS IMAXES]

MAXI PIÑEIRO: "Investigación e sistemática bacteriana"

O mércores, día 23, o alumnado de Bioloxía de 2º Bach  tivo a sorte de asistir a unha conferencia sobre Investigación e Sistemática Bacteriana impartida polo noso compañeiro de Dpto. Maxi Piñeiro Vidal, quen a pesar da súa xuventude posúe un amplo, brillante e envexable currículo.

Maxi licenciouse en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo e [LER MÁIS]

Astronomía, nacemento, rendemento

As posicións da Lúa e do Sol en relación á Terra e a súa influenza no número de nacementos e no rendemento académico foron o tema do traballo 'Astronomía, nacemento, rendemento' que Lucía Barcia García e Lucía Conde Fariñas (2º ESO) levaron á XI edición de Galiciencia, en (Ourense). O resultado ó que chegou o estudo realizado polo alumnado de 2º ESO estaba claro: non hai influenza sobre os nacementos, nacendo máis ou menos a mesma cantidade de xente en cada momento do ciclo luar ou solar, e parece que tampouco sobre o rendemento académico, se ben neste caso existen outros factores que fan que as notas teñan moita dispersión calquera que sexa o momento do nacemento.

Ah! E preguntádelles se o pasaron ben...

Exposición de cunchas

Esta semana, unha parte do alumnado e profesorado  do IES de Ribadeo, achegámonos á oficina de turismo para recibir unha clase distinta por parte do  coleccionista ribadense David López Álvarez, quen nos  amosou con auténtico entusiasmo parte da exposición que leva xuntando dende neno.

[MÁIS IMAXES]

Puidemos  observar máis dun millar de cunchas de todo o mundo así como así como centos de bolboretas,  insectos e tamén algúns fósiles. David contounos que para  facerse con tal número de exemplares leva moitos anos capturando e intercambiando con aficionados de todo o mundo e tamén ás veces comprando. Tamén nos amosou a manga para cazar bolboretas,  a forma de estendelas para poder conservalas e contounos moitas curiosidades dalgunhas especies. 

Conferencia inaugural: Xavier Rodríguez Baixeras

O poeta Xavier Rodríguez Baixeras pronunciou o venres, día 16, a conferencia inaugural do curso 2016-17. O tema foi "Algúns aspectos da poesía de Luz Pozo".

O acto estivo aberto ó público en xeral e, ademais do alumnado e profesorado do centro, asistiron veciños e amigos do conferenciante.

[PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Ó VÍDEO]

                                    FOTOS: Pablo Villapol

VI Foro intercomunitario de investigación xuvenil

A pasada semana, catro estudantes no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo asistiron en Lugo durante tres días ó VI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil. Trátase dun un encontro anual no que estudantes de varias comunidades autónomas expoñen investigacións realizadas en diferentes temas, dende aspectos de como medran diversos moluscos a app para localización de niños de velutina. Nas súas orixes ten participado o IES Porta da Auga, daquela dentro do proxecto 'Investigación, haciendo y difundiendo' do Ministerio de Educación, e este ano, con alumnos con traballos sobre a evolución das nosas praias (Estela Bravo e Iria García) e un estudo sobre o mareo (Alberto Dopico, Diego Alonso e Marta Calonge). Na foto, un momento dunha das exposicións.

Coordinou a actividade o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física e Química. 

Día das Letras Galegas: Manuel María traducido

Durante esta semana e a que vén, nunha parede ben visible iremos escribindo unha estrofa de Manuel María traucida ós idiomas dos lugares de procedencia do noso alumnado. Unha homenaxe a Manuel María e á multiculturalidade que promovemos.    [VÍDEO]  [MÁIS IMAXES]

 

 

Día das Letras Galegas: láminas

Durante esta semana e a que vén, mantemos expostas nunha das escaleiras do noso centro as láminas sobre Manuel María que nos enviou a SXPL.

Ó longo da semana, o alumnado vai pasando a revisalas para responder un cuestionario relacionado co autor.

Día das Letras Galegas: exposición sobre Manuel María

O mércores, o alumnado da ESO visitou unha exposición sobre Manuel María na EOI de Ribadeo para a cal cedemos os fondos relacionados co autor que temos na nosa biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut