Aí fóra vai un frío que non se para. En consonancia cos tempos, na nosa biblioteca pódese ver estes días unha exposición de libros relacionados co inverno.
Promoveu a actividade a coordinadora do equipo de biblioteca, Susana Díaz Orol.
Hoxe visitou o noso centro María Solar para falar da súa novela As horas roubadas. A actividade, que se puido levar a cabo grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo, estivo coordinada pola profesora Teresa González Piñeiroa
MARÍA SOLAR é licenciada en Xornalismo, en Bioloxía e diplomada en Maxisterio. Foi directora e presentadora do programa As tardes da galega, na Radio Galega. Na TVG presentou o programa cultural Zigzag diario e outros. Actualmente presenta A RevistaFin de Semana. Ademais, ten colaborado en prensa e revistas e foi actriz de dobraxe.
O xoves, día 7 de xaneiro, tivo lugar a presentación do cómic "No me pegues que llevo gafas", do ilustrador Jorge Monlongo, exalumno deste centro nos anos 90. Asistiu o alumnado de 3º e 4º da ESO.
Para difundir os libros que temos na nosa biblioteca relacionados coa zona, elaboramos un catálogo no que reproducimos as portadas de todos eles, clasificados segundo o seu contido.
Imprimimos 500 exemplares en papel, para repartir entre toda a comunidade escolar, e tamén o difundimos en pdf.
É unha iniciativa promovida polo equipo de biblioteca.
O luns, día 11 de maio, tivo lugar unha charla de Carlos Callón para falar do seu libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. De paso, tratáronse outros aspectos relacionados coa situación sociolingüística da lingua galega.
Organizou a actividade a profesora Dores Fernández Abel.
Despois dunha exposición inicial sobre as orixes do libro e outros aspectos relacionados co mesmo, a autora contestou a numerosas preguntas do alumnado.
Coorganizaron a actividade o departamento de Orientación, o de Lingua galega e literatura, Equipo de Dinamización lingüística e Equipo da Biblioteca.
A escritora asturiana Tina Blanco estivo no noso centro para falarlle ó alumnado dalgúns grupos da ESO sobre os seus libros Háblame del fantasma del faro e Y montaré caballos salvajes, que leron previamente. Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz, do departamento de Lingua española e literatura.
Seguímonos superando: ata hai pouco tempo, o libro máis antigo que atoparamos no instituto era de comezos do século XX, pero estes días atopamos uns tomos da Historia General de Españay de sus posesiones de ultramar desde los tiempos primitivos hasta el advenimiento de la República, de Zamora y Caballero, editado na imprenta de José A. Muñoz y compañía (Madird), en 1873.
El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea. Esta publicación es responsabilidad exclusiva de su autor. La Comisión no es responsable del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.