Skip to Content

DÍA DO LIBRO: LIBROS EN MINIATURA FEITOS DENDE OS FOGARES

O confinamento impediunos celebrar presencialmente o Dia do Libro coas actividades previstas, tal e como nos houbera gustado, pero a iniciativa de Rosa Paz Díaz, profesora do Dto de Lingua e Literatura Castelá e membro do Equipo de Biblioteca, permitiunos facelo dende os nosos fogares. Propúxoselle ao alumnado, cunhas pautas que se lle transmitiron previamente, “fabricar” artesanalmente réplicas en miniatura do libro que escollesen. O fantástico resultado pode apreciarse nun video colgado en Youtube ao que se pode acceder a través da nosa web. Noraboa a Rosa Paz pola idea, a Teresa González pola montaxe do vídeo, ao alumnado participante polo esforzo feito e a todas as familias que apoiaron a iniciativa, incluso algún, con libro propio! Grazas. 

https://www.youtube.com/watch?v=ceMz40ZJC_k&t=258s



page | by Dr. Radut