Skip to Content

Visita de Pepita Pedreira

Neste mes de xullo, tivemos no IES unha visita entrañable: trátase de Dona Josefa Pedreira, máis coñecida como Pepita Pedreira, Catedrática de Lengua Castellana y Literatura nos anos 60 cando o centro se chamaba "Carlos María Rodríguez de Valcárcel". Ademais, exerceu distintos cargos: bibliotecaria, xefa de estudos e tamén directora, xusto antes de marchar a Madrid no ano 1975 onde segiu a súa carreira como inspectora de educación e onde exerceu a cátedra no Instituto Mixto de Las Rozas e no IES "Ramiro de Maetzu" no que se xubilou.

Estivo con nós parte dunha maña e quixo visitar a biblioteca, a sala do profesorado e tamén o paraninfo, nome que entón recibía o Salón de Actos e no que estreou co grupo de teatro, entre outras, a obra de Cortezón "Nicolás Flamel", gardando moi bo recordo e moitas anécdotas. Contounos que esta obra resultara premiada no I Festival Literario del Miño en 1960 e que lle parecera importante dar a coñecer un escritor ribadense que empezaba a destacar. Precisamente no Salón de Actos, aínda conservamos algunhas pezas do decorado realizado por alumnado e profesorado do centro.

Deixounos unha dedicatoria no Libro de Honra do IES e tamén quixo facer unhas fotografías.

Agradecemos moito a súa visita!

 

 

 



page | by Dr. Radut