Skip to Content

Premios de Banda Deseñada e Ensaio do IES Xelmírez I.


O alumno de 2º ESO, Marco Tripiana González, ven de gañar o primeiro premio do certame de banda deseñada AX1, na categoría de 12 a 15 anos, coa obra "Desde o meu cuarto" que trata a temática do ciberbullying.

O certame chega esta ano á súa séptima edición, convocado polo IES compostelán en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e coa Asociación Cultural Colectivo Xelmírez. Os seus obxectivos son incentivar o espírito crítico entre a xuventude e dinamizar o seu compromiso coa nosa época e coa nosa lingua, así como fomentar o mundo da creación plástica como vía de expresión e manifestación da mocidade.

Desde o centro dámoslle os parabéns a Marco polo traballo feito e o recoñecemento conseguido. É un verdadeiro orgullo contra co seu talento e creatividade.

Pódese consultar a nova nos seguintes enlaces:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/06/18/galardones-xelmirez-i/0003_201906S18C109912.htm

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/40764/valentin-garcia-participa-entrega-los-premios-banda-disenada-ensayo-del-ies-xelmirez

 



page | by Dr. Radut