Skip to Content

Viaxe do alumnado de Portugués ao Porto.

Máis un ano, o alumnado de portugués de primeiro de bacharelato viaxou a Portugal, concretamente á cidade do Porto, e aproveitou o regreso para coñecer Guimarães.

O museo da Fundação Serralves, que expuña obra de Álvaro Lapa, e os seus xardíns foi, xunto coa Casa da Música, unha das visitas máis destacadas.

Os principais monumentos e lugares da cidade foron coñecidos a través das explicacións dun guía local e complementadas cun paseo en barco polo río Douro.

Coñecer o sistema educativo portugués e o contacto co alumnado  eran tamén obxectivos da viaxe. Con esta finalidade, visitouse un instituto de Vila Nova de Gaia, a Escola Inês de Castro, a través do profesorado de Educación Física, que preparou varias actividades relacionadas co mundo do deporte.

O tempo libre permitiu que alumnado se relacionase cos habitantes desta cidade tan dinámica, e puidese ter contacto coa lingua portuguesa dunha maneira máis informal.

 

A viaxe foi conxuntamente organizada con outros dous institutos, o IES de Foz e o IES Ollos Grandes, de Lugo. Dores Fernández Abel e Chus Colmenero foron as profesoras que acompañaron as alumnas e alumnos na viaxe.                                                          Mais fotos
Dores F. Abel


page | by Dr. Radut