Skip to Content

Feira da ciencia 2017

Os pasados 5, 6 e 7 de abril tigo lugar a XXIII edición da Feira da Ciencia de Ribadeo. O IES buliu durante tres días arredor de traballos con ciencia e feitos, máis ou menos, a conciencia. Un ano máis, tivemos visitas externas (do CP Gregorio Sanz) xunto coas internas do propio centro e familiares (ou non) do alumnado.
 
E, un ano máis, a feira servirá de selección para levar traballos ó día da Ciencia na Rúa na Coruña o próximo sábado 6 de maio, e calquera sabe a cantos sitios máis.
 
Cada ano, a feira ten os seus puntos fortes e as súas debilidades. Para calquera que a visite, pode ser doado ver sobre todo os puntos fortes, pero, para nós, dentro do centro, sempre estrarán presentes as debilidades. Este ano houbo que corrixir ás presas a primeira mañá unha pequena descoordinación que a piques estivo de botar abaixo tódalas visitas... pero logo, todo seguiu como se nada tivera tido lugar!
 
 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut