Skip to Content

“Vacuna viene de vaca” por Juan Evaristo Suárez

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo agradece a recente colaboración de D. Juan Evaristo Suárez, profesor de microbioloxía da Universidade de Oviedo que impartiu para nós unha interesante conferencia baixo o título “Vacuna viene de vaca” tratando de sensibilizar ó alumnado respecto da importancia e utilidade da vacinación sempre, pero máis aínda, nestes momentos de pandemia.

Comezou contando como E. Jenner descubriu no ano 1796 a primeira vacina, contra a varíola, enfermidade que causaba alta mortalidade pero que grazas á vacinación masiva considerouse erradicada en gran parte do mundo en 1980. A continuación foi analizando os distintos tipos de vacinas segundo os seus compoñentes ata chegar ás de última xeración empregadas contra a Covid-19. Son vacinas de ARNm, que posúen a vantaxe de poder obterse moi rápido pero tamén algunhas limitacións como non administrarse pola vía de entrada do virus de maneira que persiste a positividade, causar inmunización débil polo que é necesario aplicar doses de reforzó ou requerir sistemas de almacenamento e transporte moi caros que dificultan a súa distribución a países menos desenvolvidos.

Agradecémoslle o tempo dedicado e o didáctico e cercano que foi na súa exposición. Noraboa!



page | by Dr. Radut