Skip to Content

NOVIDADES- O infinito nun xunco

A convocatoria das Xornadas Plambe 20-21, ás que asistiu a coordinadora da biblioteca, pecháronse coa intervención maxistral de Irene Vallejo Moreu, doutora en Filoloxía Clásica polas universidades de Zaragoza e Florencia. Nas bibliotecas florentinas, rodeada de manuscritos, naceu o seu ensaio O infinito nun xunco, recoñecido con mútiples galardóns, entre eles o Premio Nacional de Ensaio 2020. Do disfrute do mesmo xorde o noso desexo de incorporalo á biblioteca e a encarecida recomendación desta lectura.

Como reza na súa contraportada “O infinito nun xunco”é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo [...] Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... “O infinito nun xunco”  é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela” 

No seguinte enlace podedes asistir á  intervención da  autora nos encontros:

 https://www.youtube.com/watch?v=zq0-_nIvbJU

   O prelo | O infinito nun xunco: vivirmos no relato - El Salto - Galiza

 



page | by Dr. Radut