Skip to Content

Sensibilización ambiental: limpeza do Río Grande

Limpeza do Río Grande

O pasado 9 de outubro participamos nunha actividade ofertada polo Concello e que nos pareceu moi interesante. Tratábase de dedicar unhas horas da nosa xornada á limpeza dun tramo dun río, para concienciarnos da importancia de manter os cauces limpos e reflexionar sobre a procedencia e a cantidade de lixo que podemos atopar neles.

Foi unha saída interesante e sensibilizadora na que o alumnado de 2º de ESO, acompañados polas profesoras Chus Colmenero e Mª Jesús Besteiro, tiveron a oportunidade de percorrer un tramo do río Grande, na zona de Cedofeita a partir da Ponte de Guadalupe. Recolleron unha cantidade importante de residuos, tales como teas, plásticos, arames, etc.

Agradecemos ó Concello a súa invitación e axuda, especialmente a Horacio Cupeiro e a Eduardo, que nos acompañaron, e a Jaime, que nos deu uns días antes unha charla para contextualizar a saída.  

Queremos uns ríos limpos e queremos concienciarnos da necesidade de que estean ben conservados!

MÁIS FOTOS



page | by Dr. Radut