Skip to Content

Somos Escola Embaixadora do Parlamento Europeo!

O pasado 17 de xullo o centro recibiu a noticia da selección como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo para o curso 2020-2021.

O traballo desenvolvido desde fai anos na Coordinación de Proxectos Europeos acada así un recoñecemento máis polo seu esforzo e adicación ao ensino, á realidade europea e á necesidade de unir países e persoas na construcción dun futuro en común.

O programa pretende aumentar o coñecemento de Europa e a democracia parlamentaria entre os xoves. As directrices básicas que estes centros referentes dinamizan co alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BACH son:

- Manter un InfoPoint sobre o Parlamento Europeo actualizado no centro.

- Traballar contidos relacionados co Parlamento Europeo.

- Levar a cabo actividades durante o curso relacionadas coa Unión Europea.

- Celebrar o 9 de maio, "Día de Europa".

De todas estas iniciativas xa hai información na web do centro, e no propio blog do departamento de Filosofía, no que se encadra esta tarefa complementaria que a tantas xeracións de Ribadeo ten acompañado por Europa.

Noraboa pois a toda a comunidade educativa de Ribadeo porque isto sitúa ao noso centro como única Escola Embaixadora de Parlamento Europeo de Lugo, unha das 6 de Galicia, e unha das 100 de toda España. Esperamos que o traballo do alumnado e a colaboración do profesorado supoñan un aliciente máis para o vindeiro curso.

Deixamos aquí a mensaxe de benvida de David Sassoli a todas as Escolas Embaixadoras!

Novas sobre o centro en Cronica3.com.

Artigo do 1 de agosto en La Comarca del Eo

Tamén La Voz de Galicia fíxose eco da nosa selección (non hai noticia pequena). Mércores 5 de agosto.

 

 

A Mariña Xa (Xornal Independente da Mariña) tamén fixo un oco nas súas páxinas para este recoñecemento...



blog | by Dr. Radut