Con esta actividade quixemos conmemorar a celebración, o 23 de abril, do Día do Libro.
Participou o alumnado de 2º de ESO, e o xogo consistiu en reunir tres partes dispersas de información sobre literatura galega (Autor + título dunha obra dividido en dúas partes. Exemplo: Castelao / Os dous / de sempre).
Nas horas previas ó recreo escribíuselle na man a cada persoa, con rotulador, 1/3 da información. Durante o recreo tiveron que atopar os compañeiros ou compañeiras que tiñan as partes que lles faltaban. Houbo premio para os tres primeiros equipos que completaron o puzzle.
O obxectivo do xogo é familiarizar ao alumnado de xeito lúdico cos titulos e autores máis significativos da literatura galega.