Skip to Content

Resumo do proxecto europeo KA3. ATS2020

RESUMO DO PROXECTO EUROPEO KA3 ATS2020
curso 2016-2017

Durante o curso 2016-2017 o centro, a través do departamento de Filosofía,  participa no proxecto europeo KA3 "Avaliación de Competencias Transversais 2020 (ATS2020)”. É un proxecto de experimentación, cofinanciado pola Comisión Europea e nel participan 17 socios de 11 países da UE, maioritariamente administracións educativas e ministerios de educación

Unha característica fundamental da aplicación experimental do proxecto é o uso dunha plataforma dixital chamada Mahara para apoiar os ePortfolios, (mostras das recollidas de traballos dixitais), como unha ferramenta de apoio para a aprendizaxe centrada na avaliación do alumnado.

Como parte da experimentación, recolleranse datos dos grupos seleccionados do noso centro educativo, ao igual que nos outros 250 centros educativos dos 10 países que participan neste proxecto. Os alumnos/as realizarán unha proba antes e despois da posta en marcha do proxecto, co fin de avaliar o impacto do proxecto sobre o desenvolvemento de competencias transversais. Ao mesmo tempo, os alumnos/as poderán utilizar actividades, fotos / vídeos e outros materiais escolares de aprendizaxe para os fins do proxecto ATS2020.

 

Arquivo adxunto



page | by Dr. Radut