Skip to Content

Exposición de cunchas

Esta semana, unha parte do alumnado e profesorado  do IES de Ribadeo, achegámonos á oficina de turismo para recibir unha clase distinta por parte do  coleccionista ribadense David López Álvarez, quen nos  amosou con auténtico entusiasmo parte da exposición que leva xuntando dende neno.

[MÁIS IMAXES]

Puidemos  observar máis dun millar de cunchas de todo o mundo así como así como centos de bolboretas,  insectos e tamén algúns fósiles. David contounos que para  facerse con tal número de exemplares leva moitos anos capturando e intercambiando con aficionados de todo o mundo e tamén ás veces comprando. Tamén nos amosou a manga para cazar bolboretas,  a forma de estendelas para poder conservalas e contounos moitas curiosidades dalgunhas especies. 

Todos nós  recibimos con gusto esta lección e disfrutamos vendo algúns exemplares curiosos como  unha caracola que hai en Ribadeo e que é unha das 7 especies levóxiras (coa apertura da cuncha á esquerda) do mundo, chamada Neptunea contraria, outra que lle traen os mariñeiros do Fondón e que é moi difícil de conseguir (Turrisipho fenestratum), a caracola xigante de Australia, as bolboretas de cores e tamaño  espectaculares, os insectos folla e os insectos pau,  artistas do camuflaxe  e por suposto coa tarántula de despedida que non deixou indiferente a ninguén.

 



page | by Dr. Radut