Skip to Content

9 de maio: Día de Europa

O 9 de maio celebramos o Día de Europa no IES Ribadeo Dionisio Gamallo coa presenza de dous alcaldes da vila que animaron a mañá do alumnado de 4º de secundaria e 1º de bacharelato. Os traballos dos alumnos e alumnas da materia de Europa, que elaboraron videos sobre a historia da Unión Europea, blogs, e fixeron entrevistas pola vila preguntando sobre os 30 anos da pertenza de España e polas ventaxas ou inconvenientes, deron pe ás reflexións dos nosos invitados.

Eduardo Gutiérrez lembrou 1986, daquela como concelleiro, en vísperas de ser elixido alcalde (1987-1995), a súa visión daquel Ribadeo de entonces dista moito da imaxe do Ribadeo actual, que representa Fernando Suárez, que, a pesares das dificultades e dos tropezos que as actividades políticas xeran ao noso redor na política comunitaria, mantén que sempre fomos Europa, e ámbos os dous coinciden en que, nestes tempos que nos tocan vivir, cos altibaixos propios dos avatares políticos, estamos mellor dentro que fóra…. Só nos queda equilibrar os distintos potenciais nacionais e ser capaces de defender os nosos dereitos, para que a idea da Unión Europea se consolide na liña na que foi ideada: un espazo común de intercambio pacífico e progresista, no que poder construir un futuro democrático e de valores para todos os cidadáns.

Coordinou a actividade o profesor Manuel Yáñez, do departamento de Filosofía.

 [VÍDEO 1]         [VÍDEO 2]



page | by Dr. Radut