Skip to Content

Somos un mundo de xente. Espazo lila

Proveitamos a celebración do Día da Paz para levar a cabo dúas iniciativas que teñen certa relación con iso e que nós denominamos "Somos un mundo de xente" e "Espazo lila", respectivamente.

SOMOS UN MUNDO DE XENTE é unha homenaxe á diversidade que temos dentro do noso centro, con alumnado procedente dunha ducia de países distintos. Queremos que iso se vexa como unha riqueza e non como un problema, e por iso celebramos un acto simbólico consistente en que  o alumnado con orixe en países de fóra fose colocando a bandeira do seu Estado nun gran mapa mundi que colocamos nun espazo común do centro. 

ESPAZO LILA é unha iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar a comunidade educativa dos problemas que afectan ás mulleres na actualidade: peores condicións laborais, violencia, discriminación, ... Pretendemos que isto sexa motivo de atención e reflexión constante e non só en datas sinaladas, como poden ser o 25 de novembro ou o 8 de marzo. Para iso, pintamos de lila unha superficie considerable dun espazo común do instituto, rotulámola como "Espazo lila" e aí iremos colocando información diversa relacionada co tema.   VÍDEO          MÁIS IMAXES

 

 



page | by Dr. Radut